Venres 26 de abril 2019

Axenda

XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura

Nova edición desta Campaña, con sesións de contacontos, exposicións, visitas guiadas, obradoiros e moito máis.

Do 26 de marzo ao 3 de maio, no Centro Abanca Obra Social (praza de Cervantes).

Axenda

"Formas do deseño. Galicia XXI", no Auditorio de Galicia

Un relato dende o presente do potencial creativo de Galicia no ámbito do deseño.

Do 20 de febreiro ao 23 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Elas, retrato dun mercado", na Casa do Cabido

Esta exposición reúne 40 fotografías realizadas do fotógrafo compostelán Manuel Blanco, protagonizadas polas mulleres do Mercado de Abastos de Santiago.

Ata primeiros de maio, na Casa do Cabido.

Axenda

"Verticais", instalación de Brais Rodríguez, na Zona C

Verticais é un conxunto modular de debuxos ordenado de modo secuencial.

Do 28 de marzo ao 28 de maio, na Zona C.

Axenda

"La soledad de Wally", por Elahood, no Teatro Principal

Danza urbana. Catro pezas individuais unidas por unha temática común, pero exploradas dende diferentes puntos de vista.

O venres 26 de abril, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Kumano Kodo: unha peregrinación a través do tempo

37 fotografías en cor e branco e negro froito das viaxes que os fotógrafos, Luis Gago e Aoife Ni Dhubhda, fixeron á prefectura de Wakayama, en Xapón.

Do 24 de xaneiro ao 30 de abril no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Terra de soños", mostra de Cristina García Rodero

Terra de soños (A India máis descoñecida), forma parte do programa Arte na Rúa, a través do cal a Obra Social "la Caixa" quere achegar a arte ás persoas, fóra do marco habitual de museos e salas de exposicións.

Do 12 de abril ao 9 de maio, na Alameda.

Axenda

Mostras temporais e permanentes na Fundación Granell

Na Fundación Eugenio Granell realízanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do museo, do propio artista ou da súa colección.

No Pazo de Bendaña, durante todo o ano.

Compartir: