Xoves 11 de abril 2019

Axenda

Compostela Solidaria: actividades para mudar o mundo

Cuarta edición de Compostela + Solidaria, un programa de sensibilización cun amplo calendario de actividades.

Do 2 ao 13 de abril, en diferentes espazos da cidade.

Axenda

XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura

Nova edición desta Campaña, con sesións de contacontos, exposicións, visitas guiadas, obradoiros e moito máis.

Do 26 de marzo ao 3 de maio, no Centro Abanca Obra Social (praza de Cervantes).

Axenda

"De lugares e órganos" (do 11 ao 20 de abril)

Unha nova oportunidade para descubrir o patrimonio organístico de Compostela, paisaxes invisibles da cidade e outras culturas.

Do 11 ao 20 de abril, en diferentes igrexas.

Axenda

"Formas do deseño. Galicia XXI", no Auditorio de Galicia

Un relato dende o presente do potencial creativo de Galicia no ámbito do deseño.

Do 20 de febreiro ao 23 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Elas, retrato dun mercado", na Casa do Cabido

Esta exposición reúne 40 fotografías realizadas do fotógrafo compostelán Manuel Blanco, protagonizadas polas mulleres do Mercado de Abastos de Santiago.

Ata primeiros de maio, na Casa do Cabido.

Axenda

"Verticais", instalación de Brais Rodríguez, na Zona C

Verticais é un conxunto modular de debuxos ordenado de modo secuencial.

Do 28 de marzo ao 28 de maio, na Zona C.

Axenda

Jazz da Rúa Nova no Teatro Principal

Jazz da Rúa Nova é un concerto de artistas consagrados da escena compostelá: Pablo Castaño Quartet e Pablo Sanmamed Trío.

O xoves 11 de abril, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Kumano Kodo: unha peregrinación a través do tempo

37 fotografías en cor e branco e negro froito das viaxes que os fotógrafos, Luis Gago e Aoife Ni Dhubhda, fixeron á prefectura de Wakayama, en Xapón.

Do 24 de xaneiro ao 30 de abril no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Mostras temporais e permanentes na Fundación Granell

Na Fundación Eugenio Granell realízanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do museo, do propio artista ou da súa colección.

No Pazo de Bendaña, durante todo o ano.

Compartir: