Domingo 2 de xullo 2017
Axenda
Balnearia Bibliográfica, mostra no Gaiás
Percorrido polas augas minerais de Galicia, con 150 pezas orixinais relacionadas co mundo das augas termais e minerais a través dos libros.
Do 8 de abril ao 18 de setembro, na Cidade da Cultura.
Axenda
"Vicente Álvarez de Neira, arquiveiro", exposición na Cidade da Cultura
documentos deste ilustre persoeiro que forman parte do arquivo da familia Pita da Veiga, custodiado no Arquivo de Galicia
Do 9 de xuño ao 17 de setembro, na Cidade da Cultura.
Axenda
Antón Lamazares: "Flor Novoneyra"
O testamento pictórico do pintor que quixo ser poeta. Exposición que reúne a dous grandes da nosa cultura: Antón Lamazares e Uxío Novoneyra.
Ata o 17 de setembro, no Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura).
Axenda
Vari Caramés: "Ventá ao insólito"
Vari Caramés é un dos artistas galegos con maior proxección e recoñecemento nacional e internacional. A súa obra fotográfica posúe unhas características estilísticas que identifican con claridade a autoría das pezas, xa que as veladuras nas súas imaxes son unha constante.
Ata o 2 de setembro, no Centro Cultural Afundación.
Axenda
Ciclo de Cine Australiano: "Blinky Bill"
Continúa o Ciclo de Cine Australiano coa proxección de Blinky Bill, de Dorothy Wall.
O domingo 2 de xullo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal
Axenda
Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell
A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.
Durante todo o ano, na Fundación Granell.