Domingo 6 de maio 2012

Axenda

Chema Madoz: "Ars Combinatoria"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.

Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211"

Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.

Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Curtocircuíto

A IX edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, celebra a súa semana oficial. Ademais das proxeccións dos cinco concursos diferentes, conta con actividades paralelas como obradoiros, mesas redondas, clases maxistrais, temáticas específicas, curtas para cativos e unha ampla oferta musical. Este ano recibíronse 2.645 curtametraxes chegadas de 91 países e o país convidado é Romanía.

Do 2 ao 12 de maio, en diversos espazos da cidade.

Axenda

XIV Trofeo de Ciclismo Concello de Santiago

Celébrase o XIV Trofeo de Ciclismo Concello de Santiago, organizado polo Club Ciclista Muebles Compostela. Desenvólvese para as categorías alevín, infantil e cadete nun circuíto de 1,2 quilómetros que parte da avenida de Xoán Carlos I. Segundo a categoría, os ciclistas darán, respectivamente, dúas, oito ou 20 voltas a este percorrido.

Para os principiantes federados preparouse unha xincana de habilidade no Paseo Central da Alameda, a partir das 12:00 horas. Pero ademais, calquera neno ou nena que se inicie no ciclismo pode presentarse na Alameda antes das 12:00 h e probar a súa destreza coa bicicleta nesta xincana, sempre supervisados por monitores.

O domingo 6 de maio, a partir das 10:30 horas, na avenida Xoán Carlos I e no Paseo Central da Alameda.

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música

Concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns, que segue co ciclo de Novos e antigos compositores.

O domingo 6 de maio, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: