Domingo 13 de maio 2012

Axenda

Campionato de España Sub-16 de Hóckey Feminino

O Pavillón Polideportivo de Vite acolle o Campionato de España de Hóckey a Patíns Feminino de clubs na categoría Sub-16. Na proba, organizada polo Club de Hóckey Compostela e pola Federación Galega de Patinaxe, compiten: Club de Hóckey Compostela (Galicia); Biescas Gijón H.C. (Asturias); C.P. Manlleu, C.H.P. Bigues i Riells e Reus Deportiu (Cataluña); e C.P. Alcobendas, Sta. María del Pilar e C.P. Alcorcón (Madrid). Participarán xogadoras nadas entre 1996 e 1999.

Os oito equipos dividiranse en dous grupos. Os dous primeiros de cada grupo loitarán logo polos postos do 1º ao 4º e os demais pola clasificación do 5º ao 8º. A entrada a todos os partidos será de balde.

Os días 11, 12 e 13 de maio, no Pavillón Polideportivo de Vite.

Axenda

Chema Madoz: "Ars Combinatoria"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.

Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211"

Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.

Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Día da Bicicleta

Celébrase a segunda edición do Día da Bicicleta cun percorrido en bicicleta pola cidade e con diversas actividades lúdicas na praza do Obradoiro.

Ás 10:00 horas sairán os participantes da praza do Obradoiro para realizar un percorrido duns 10 quilómetros por rúas do Casco Histórico e do Ensanche. O paseo terá un participante moi especial, o triatleta Iván Raña.

Despois da hora e media aproximada de pedaleo, os ciclistas chegarán de novo á praza do Obradoiro, onde se atoparán con diversas actividades lúdicas e deportivas e con sorpresas para todos os participantes.

Os interesados en participar, que deberán levar casco, poden inscribirse na propia tenda Decathlon da Costa Vella, ou na súa páxina web.

O domingo 13 de maio, a partir das 10:00 horas, na praza do Obradoiro.

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música

Concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns e con Daniel Ruibal como trombón solista.

O domingo 13 de maio, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

The Bad Plus

O trío de jazz contemporáneo The Bad Plus pecha o ciclo Jazz in Blue.

O domingo 13 de maio, ás 21:00 horas, no Teatro Principal

Compartir: