Sábado 12 de maio 2012

Axenda

Campionato de España Sub-16 de Hóckey Feminino

O Pavillón Polideportivo de Vite acolle o Campionato de España de Hóckey a Patíns Feminino de clubs na categoría Sub-16. Na proba, organizada polo Club de Hóckey Compostela e pola Federación Galega de Patinaxe, compiten: Club de Hóckey Compostela (Galicia); Biescas Gijón H.C. (Asturias); C.P. Manlleu, C.H.P. Bigues i Riells e Reus Deportiu (Cataluña); e C.P. Alcobendas, Sta. María del Pilar e C.P. Alcorcón (Madrid). Participarán xogadoras nadas entre 1996 e 1999.

Os oito equipos dividiranse en dous grupos. Os dous primeiros de cada grupo loitarán logo polos postos do 1º ao 4º e os demais pola clasificación do 5º ao 8º. A entrada a todos os partidos será de balde.

Os días 11, 12 e 13 de maio, no Pavillón Polideportivo de Vite.

Axenda

Chema Madoz: "Ars Combinatoria"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.

Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211"

Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.

Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Xornada lúdica para as familias

Con motivo da celebración do Día Internacional da Familia o 15 de maio, o Concello de Santiago preparou unha xornada repleta de actividades en recoñecemento a esta institución.

Dende as 10:00 horas celebraranse diversos obradoiros para nenos e nenas de globoflexia, reciclaxe, elaboración de pulseiras e chapas, maquillaxe, manualidades, lingua de signos etc. Tamén a esa hora comezarán as II Xornadas de Acollemento Familiar en Galicia: Crecendo xuntos en acollemento, promovidas por Familias Acolledoras de Galicia.

Os que se acheguen ata Sar tamén poderán atopar as mesas informativas dispostas por diversas asociacións e entidades de iniciativa social, que divulgarán o importante labor que realizan. Outra actividade destacada será o teatro. Ás 12:00 e ás 16:30 horas haberá representacións da obra Rosalía, a pulga que escribía e, ás 19:00 horas, porase en escena o musical La abeja Maya.

A programa desta xornada complétase cun espazo onde as familias poderán facerse unha foto cos xogadores profesionais do Blusens Monbus e do Lobelle de Santiago.

O sábado 12 de maio, a partir das 10:00 horas, no Multiusos Fontes do Sar.

Axenda

"Ler, contar e gozar coas letras"

A campaña Ler, contar e gozar coas letras promove a lectura a través de máis de 100 actividades nos centros socioculturais. Obradoiros, contacontos, recitais poéticos e outras actividades lúdicas e divulgativas compoñen esta proposta dinamizadora de animación á lectura.

Ata o 9 de xuño, nos centros socioculturais.

Axenda

Concerto de Tortoise

Debut en Galicia de Tortoise (Chicago, post rock) dentro do ciclo Sons 2012.

O sábado 12 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: