Martes 21 de xullo 2020
Axenda
"Xirarei: deseño de cubertas no disco galego 1955/1995", mostra no Auditorio
Percorrido polo deseño gráfico que serviu para envolver e comercializar a nosa música.
Ata o 26 de xullo, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Verán nos centros socioculturais de Compostela
Este mes de xullo, os centros socioculturais de Compostela ofrecen unha variada programación de actividades para todas as idades.
Durante o mes de xullo, nos centros socioculturais.
Axenda
O legado de Carlos Maside, na Fundación Eugenio Granell
O Concello de Santiago e a Fundación Eugenio Granell acollen as obras do Legado Maside, adquiridas polo Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña, coa mostra Carlos Maside.
Ata finais de ano, na Fundación Granell.
Axenda
Toda a programación do Apego do mes de xullo
O programa Apego ofrece durante o mes de xullo un completo calendario de propostas para os máis cativos e cativas.
Durante o mes de xullo, en varios espazos.
Axenda
"Maruxa Seoane: achegamento a Mª Elvira Fernández López", mostra na Fundación Eugenio Granell
Proxecto expositivo que afonda na figura de María Elvira Fernández López, Maruxa, compañeira inseparable de Luis Seoane, persoa chave na súa traxectoria que, tras o falecemento do artista en 1979, dedicaría a súa vida á recuperación e agrupamento do seu legado para Galicia, nun proceso que culminaría en 1996 coa creación da Fundación Luis Seoane na Coruña.
Do 9 de xullo ao 20 de setembro, na Fundación Eugenio Granell.