Domingo 3 de novembro 2019
Axenda
"12 doces de outono": artes escénicas + gastronomía
Nova edición de 12 doces do outono, unha aposta pola programación familiar que xunta as artes escénicas coa gastronomía propia da estación.
Os domingos 27 de outubro e 3, 10 e 17 de novembro, nos centros socioculturais.
Axenda
"A paisaxe e a súa pegada II", exposición na Casa do Cabido
Visión que catro fotógrafos/as -Andrea Costas, Eva Díez, Denís Estévez e Xoán Soler- sobre a paisaxe do Camiño e da cidade.
Ata finais de decembro, na Casa do Cabido.
Axenda
Mostra do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas
O XI Premio Auditorio de Galicia para novos artistas achega as obras que o xurado elixiu entre as 109 propostas presentadas.
Na Sala Isaac Díaz Pardo, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"(in)visible Wom@rts" no Auditorio de Galicia
A exposición (in)visible Wom@rts amosa os traballos xurdidos no marco do proxecto europeo Wom@rts.
Do 30 de outubro ao 15 de decembro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Exposición "Antonio Fraguas Fraguas. Letras Galegas 2019"
A exposición consta de dúas seccións, unha de contido biográfico que propón un itinerario ao longo da vida de Antonio Fraguas, con especial atención á súa traxectoria como galeguista e profesor, membro activo das institucións máis destacadas da cultura do país durante oito décadas fecundas, e outra na que se presentan as diferentes vertentes nas que exerceu o seu traballo intelectual: arqueoloxía, xeografía, historia e arte, etnografía e divulgación.
Ata o 28 de decembro, no Museo do Pobo Galego.
Axenda
Mostras temporais e permanentes na Fundación Granell
Na Fundación Eugenio Granell realízanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do museo, do propio artista ou da súa colección.
No Pazo de Bendaña, durante todo o ano.