Martes 5 de decembro 2006

Axenda

Exposición sobre "A participación dos nenos e as nenas na sociedade"

A Concellaría de Benestar Social organiza unha exposición denominada "Participación dos nenos e as nenas na sociedade", dende o 20 de novembro ata o 5 de decembro, no Centro Sociocultural de Fontiñas, con motivo da celebración do Día universal da infancia.

A Concellaría de Benestar Social organiza unha exposición denominada "Participación dos nenos e as nenas na sociedade", dende o 20 de novembro ata o 5 de decembro, no Centro Sociocultural de Fontiñas, con motivo da celebración do Día universal da infancia.

O día 20 de Novembro de 1989 foi aprobada pola Asemblea das Nacións Unidas, a Declaración sobre os Dereitos do Neno, dende aquela celébrase o Día Universal da Infancia. Con esta declaración recoñecese por primeira vez a cidadanía dos nenos e nenas e téñense en conta aspectos fundamentais como o dereito a ser protexido fronte a certas clases de conduta (abandono, malos tratos, explotación); o dereito a acceder a certos beneficios e servizos (educación, atención sanitaria, seguridade social) e o dereito a realizar certas actividades e a participar nelas.

A exposición, consiste en 36 paneis de vinilo sobre a base dos debuxos realizados por nenos e nenas de 10 a 12 anos e articúlase en catro apartados adicados á Convención sobre os Dereitos do Neno e da Nena; ao significado da participación para os nenos e nenas; aos ámbitos e tempos en que os nenos poden expresar a súa participación: o espazo da familia, do colexio, a localidade, o lecer e o grupo de iguais e á participación como compromiso que implica responsabilidades.

A exposición compleméntase con material didáctico, dirixido aos centros escolares que imparten o terceiro ciclo de Educación Primaria, que permite traballar nas aulas a temática da exposición.

Axenda

A cidade interpretada

Un novidoso proxecto artístico internacional trae a Compostela a oito artistas plásticos, que ofrecerán pautas de reflexión sobre os espazos públicos e o seu uso como lugares de encontro e convivencia.

Ata o 31 de decembro en distintos espazos da cidade: Praza do Toural, Trisca, Praza de Cervantes, Hortas...

Axenda

Obradoiros municipais de circo

A Concellaría de Cultura, en convenio con Pista Catro, organiza os obradoiros municipais de iniciación e achegamento a diferentes disciplinas do Novo Circo.

Os sábados, de 16:00 a 17:00 horas, de 17:30 a 19:30, e de 20:00 a 22:00 horas, no pavillón deportivo do CEIP Quiroga Palacios.

Axenda

Exposición "Memorial da liberdade"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición "Memorial da Liberdade. Represión e Resistencia en Galicia 1936-1977", comisariada por Enrique Acuña.

Do 3 de novembro de 2006 ao 31 de xaneiro de 2007.

Horario: todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (excepto os días de concerto ata as 19:00 h).

Axenda

Xornada de traballo sobre a Casa de Asociacións de Servizos Sociais.

O 12 de decembro celebrarase, no Centro Sociocultural do Ensanche, a xornada "Casa de Asociacións de Servizos Sociais. Un modelo de cooperación interasociativa" destinada a directivos e directivas, persoal técnico, e voluntariado de organizacións do terceiro sector de acción social que traballan no municipio.

Os obxectivos desta xornada son:
o Coñecer de primeira man experiencias en proxectos semellantes.
o Presentar os resultados do Estudo de situación sobre Organizacións Non Lucrativas de acción social presentes en Compostela.
o Presentar as liñas mestras do Proxecto Casa de Asociacións de Servizos Sociais.
o Comunicar as canles de participación estabelecidas para a elaboración do Réxime de Regulamento Interno da Casa das Asociacións de Servizos Sociais.

Lugar de Realización::
Centro Socicultural Ensanche. Rúa Frei Rosendo Salvado nº 14-16.
Santiago de Compostela.

Inscricións:

A inscrición é gratuíta e pódese realizar ata o 8 de decembro enviando por fax ao 902 104 481 o formulario que aparece nesta páxina

Máis información en: www.algalia.com/xornada e no 981 573 218

Organiza:

Servizos Sociais. Concellaría de Benestar Social. Concello de Santiago de Compostela.

Axenda

"Bicos con lingua" na Sala Yago

Talía Teatro representa "Bicos con lingua". Humor, xestos, actitudes e costumes do cotián que constitúen unha proposta sincera que leva ás táboas a nosa situación sociolingüística.

Os mércores e os xoves, ás 11:30 horas, en sesións para o ensino medio.

Axenda

Curso de teatro no Castiñeiriño

A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.

Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.

Compartir: