Mércores 20 de decembro 2006

Axenda

Pista de xeo en Salgueiriños

Na explanada de Salgueiriños, oportunidade para gozar da patinaxe sobre xeo nunha pista de 20 x 30 e nunha carpa de 1.300 metros cadrados.

O prezo é de cinco euros a hora e os patíns están disposición dos usuarios na carpa.

Horario de mañá e tarde. Os xoves, venres e sábado, horario nocturno ata a unha da madrugada.

Axenda

A cidade interpretada

Un novidoso proxecto artístico internacional trae a Compostela a oito artistas plásticos, que ofrecerán pautas de reflexión sobre os espazos públicos e o seu uso como lugares de encontro e convivencia.

Ata o 31 de decembro en distintos espazos da cidade: Praza do Toural, Trisca, Praza de Cervantes, Hortas...

Axenda

Exposición "Memorial da liberdade"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición "Memorial da Liberdade. Represión e Resistencia en Galicia 1936-1977", comisariada por Enrique Acuña.

Do 3 de novembro de 2006 ao 31 de xaneiro de 2007.

Horario: todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (excepto os días de concerto ata as 19:00 h).

Axenda

Un Conxo de Nadal

O Centro Sociocultural de Conxo organiza unha ampla gama de actividades para o Nadal, tanto para nenos como para maiores.

Ata o 5 de xaneiro, nos distintos espazos do Centro.

Axenda

"Bicos con lingua" na Sala Yago

Talía Teatro representa "Bicos con lingua". Humor, xestos, actitudes e costumes do cotián que constitúen unha proposta sincera que leva ás táboas a nosa situación sociolingüística.

Os mércores e os xoves, ás 11:30 horas, en sesións para o ensino medio.

Axenda

Curso de teatro no Castiñeiriño

A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.

Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.

Compartir: