Domingo 17 de decembro 2006

Axenda

A Orquestra Árabe de Nazareth pecha Sons da Diversidade

Chegada dende os territorios históricos de Galilea, a Orquestra Árabe de Nazareth é unha síntese de música clásica, folc e tradicional das culturas palestina, libanesa, exipcia e árabe-israelí. Un peche perfecto para a programación de 2006 do ciclo de concertos Sons da Diversidade.

O domingo 17 de decembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. 15 €, 7,50 € persoas xubiladas e estudantes.

Axenda

"Días sen nada", con Tranvía Teatro

A compañía aragonesa Tranvía Teatro interpreta "Días sen nada", de Rafael Campos.

Do 14 ao 17 de decembro, na Sala Yago.

Axenda

A cidade interpretada

Un novidoso proxecto artístico internacional trae a Compostela a oito artistas plásticos, que ofrecerán pautas de reflexión sobre os espazos públicos e o seu uso como lugares de encontro e convivencia.

Ata o 31 de decembro en distintos espazos da cidade: Praza do Toural, Trisca, Praza de Cervantes, Hortas...

Axenda

Exposición "Memorial da liberdade"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición "Memorial da Liberdade. Represión e Resistencia en Galicia 1936-1977", comisariada por Enrique Acuña.

Do 3 de novembro de 2006 ao 31 de xaneiro de 2007.

Horario: todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (excepto os días de concerto ata as 19:00 h).

Axenda

Un Conxo de Nadal

O Centro Sociocultural de Conxo organiza unha ampla gama de actividades para o Nadal, tanto para nenos como para maiores.

Ata o 5 de xaneiro, nos distintos espazos do Centro.

Axenda

"Bicos con lingua" na Sala Yago

Talía Teatro representa "Bicos con lingua". Humor, xestos, actitudes e costumes do cotián que constitúen unha proposta sincera que leva ás táboas a nosa situación sociolingüística.

Os mércores e os xoves, ás 11:30 horas, en sesións para o ensino medio.

Axenda

Curso de teatro no Castiñeiriño

A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.

Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.

Compartir: