Venres 1 de decembro 2006

Axenda

Exposición sobre "A participación dos nenos e as nenas na sociedade"

A Concellaría de Benestar Social organiza unha exposición denominada "Participación dos nenos e as nenas na sociedade", dende o 20 de novembro ata o 5 de decembro, no Centro Sociocultural de Fontiñas, con motivo da celebración do Día universal da infancia.

A Concellaría de Benestar Social organiza unha exposición denominada "Participación dos nenos e as nenas na sociedade", dende o 20 de novembro ata o 5 de decembro, no Centro Sociocultural de Fontiñas, con motivo da celebración do Día universal da infancia.

O día 20 de Novembro de 1989 foi aprobada pola Asemblea das Nacións Unidas, a Declaración sobre os Dereitos do Neno, dende aquela celébrase o Día Universal da Infancia. Con esta declaración recoñecese por primeira vez a cidadanía dos nenos e nenas e téñense en conta aspectos fundamentais como o dereito a ser protexido fronte a certas clases de conduta (abandono, malos tratos, explotación); o dereito a acceder a certos beneficios e servizos (educación, atención sanitaria, seguridade social) e o dereito a realizar certas actividades e a participar nelas.

A exposición, consiste en 36 paneis de vinilo sobre a base dos debuxos realizados por nenos e nenas de 10 a 12 anos e articúlase en catro apartados adicados á Convención sobre os Dereitos do Neno e da Nena; ao significado da participación para os nenos e nenas; aos ámbitos e tempos en que os nenos poden expresar a súa participación: o espazo da familia, do colexio, a localidade, o lecer e o grupo de iguais e á participación como compromiso que implica responsabilidades.

A exposición compleméntase con material didáctico, dirixido aos centros escolares que imparten o terceiro ciclo de Educación Primaria, que permite traballar nas aulas a temática da exposición.

Axenda

A cidade interpretada

Un novidoso proxecto artístico internacional trae a Compostela a oito artistas plásticos, que ofrecerán pautas de reflexión sobre os espazos públicos e o seu uso como lugares de encontro e convivencia.

Ata o 31 de decembro en distintos espazos da cidade: Praza do Toural, Trisca, Praza de Cervantes, Hortas...

Axenda

Obradoiros municipais de circo

A Concellaría de Cultura, en convenio con Pista Catro, organiza os obradoiros municipais de iniciación e achegamento a diferentes disciplinas do Novo Circo.

Os sábados, de 16:00 a 17:00 horas, de 17:30 a 19:30, e de 20:00 a 22:00 horas, no pavillón deportivo do CEIP Quiroga Palacios.

Axenda

Exposición "Memorial da liberdade"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición "Memorial da Liberdade. Represión e Resistencia en Galicia 1936-1977", comisariada por Enrique Acuña.

Do 3 de novembro de 2006 ao 31 de xaneiro de 2007.

Horario: todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (excepto os días de concerto ata as 19:00 h).

Axenda

III Seminario para persoal técnico da administración local sobre "Os dereitos dos nenos en procesos de ruptura de parella"

O 30 de novembro celebrarase na Facultade de Psicoloxía (Campus Sur) da Universidade de Santiago de Compostela o " III Seminario para persoal técnico da administración local sobre Os dereitos dos nenos en procesos de ruptura de parella" organizado pola Unidade de Psicoloxía Forense.

A Concellaría de Benestar Social do Concello de Santiago, colabora coa Facultade de Psicoloxía Forense da Universidade compostelá no programa "Ruptura de Parella, non de familia", co obxecto de facilitar a asunción e superación satisfactoria dos procesos de separación de parellas, reducindo as súas consecuencias negativas, tanto nos proxenitores coma nos fillos e no resto da familia.

O próximo 30 de novembro vaise celbrar na Facultade de Psicoloxía (Campus Sur) da Universidade de Santiago de Compostela o " III Seminario para persoal técnico da administración local sobre Os dereitos dos nenos en procesos de ruptura de parella" organizado pola Unidade de Psicoloxía Forense.

Este seminario enmárcase dentro das actividades de formación deste departamento da universidade compostelá, no ámbito da intervención familiar co gallo de analizar aspectos fundamentais coma os dereitos e necesidades dos nenos, ou a primacía do interese superior destes nos procesos de separación.

O programa é o seguinte:
- 09:45h. Inauguración

- 10:00h. Ponencia: "Obxectivos: O interés superior do neno". Ponente: Dna. Estela Mouriño Senande. Coordinadora Autonómica de UNICEF Galicia.

- 11:00h. Ponencia: "Concienciación dos dereitos e necesidades dos nenos: Programa de Sensibilización Ruptura de Parella, non de Familia". Ponente: Dna. Ana Belén Pardo López e Dna. Alba Rivas Hermo. Técnicas do Programa de Sensibilización Ruptura de Parella, non de Familia.

- 12:00h. Descanso.

- 12:30h. Ponencia: "Puntos de Encontro Familiar: Unha ferramenta para defender os dereitos dos nenos". Ponentes: Dna. Maite Forján Villar. Psicólogas do Punto de Encontro Familiar "Encontro" de Santiago de Compostela.

-13:00-13:30h. Debate aberto.

Pódese obter máis información na Unidade de Psicoloxía Forense.
Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Psicoloxía.
Campus Universitario Sur. 15782. Santiago de Compostela.
Tel.: 981 56 31 00. Extensión 13871
e-mail: uforense@usc.es

Axenda

Xornada de traballo sobre a Casa de Asociacións de Servizos Sociais.

O 12 de decembro celebrarase, no Centro Sociocultural do Ensanche, a xornada "Casa de Asociacións de Servizos Sociais. Un modelo de cooperación interasociativa" destinada a directivos e directivas, persoal técnico, e voluntariado de organizacións do terceiro sector de acción social que traballan no municipio.

Os obxectivos desta xornada son:
o Coñecer de primeira man experiencias en proxectos semellantes.
o Presentar os resultados do Estudo de situación sobre Organizacións Non Lucrativas de acción social presentes en Compostela.
o Presentar as liñas mestras do Proxecto Casa de Asociacións de Servizos Sociais.
o Comunicar as canles de participación estabelecidas para a elaboración do Réxime de Regulamento Interno da Casa das Asociacións de Servizos Sociais.

Lugar de Realización::
Centro Socicultural Ensanche. Rúa Frei Rosendo Salvado nº 14-16.
Santiago de Compostela.

Inscricións:

A inscrición é gratuíta e pódese realizar ata o 8 de decembro enviando por fax ao 902 104 481 o formulario que aparece nesta páxina

Máis información en: www.algalia.com/xornada e no 981 573 218

Organiza:

Servizos Sociais. Concellaría de Benestar Social. Concello de Santiago de Compostela.

Axenda

"Bicos con lingua" na Sala Yago

Talía Teatro representa "Bicos con lingua". Humor, xestos, actitudes e costumes do cotián que constitúen unha proposta sincera que leva ás táboas a nosa situación sociolingüística.

Os mércores e os xoves, ás 11:30 horas, en sesións para o ensino medio.

Axenda

Curso de teatro no Castiñeiriño

A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.

Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.

Compartir: