Xoves 12 de abril 2018
Axenda
"De como non casar. How not to get married", instalación de Olalla Castro e Nicoleta Moise
Itinerario gráfico, audiovisual e performativo con reinterpretación de supersticións, rituais e tradicións de Galicia e Compostela.
Do mércores 21 de marzo ao domingo 20 de maio, na Zona C.
Axenda
"Estratexias do desprazamento", de Antonio Muntadas
Mostra que revisa o traballo de Antoni Muntadas a través de proxectos específicos e incorpora o xiro recente da súa mirada cara á paisaxe.
Do 17 de febreiro ao 27 de maio, no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Axenda
"Santiago, pintado", ilustracións de Isabel Rey
Santiago, pintado, mostra de 15 ilustracións de Isabel Rey que amosan os recunchos de Compostela.
Do 15 de marzo ao 30 de abril, no Pazo de Fonseca.
Axenda
Exposición pictórica de Raquel Currás Art no CSC de Conxo
Mostra de traballos ao óleo e acrílicos da artista Raquel Currás Art.
Do 22 de marzo ao 14 de abril, no Centro Sociocultural de Conxo.
Axenda
XVIII Campaña Municipal de Animación á Lectura
Obradoiros de escrita creativa e de ilustración, contacontos e moito máis para fomentar a lectura entre os máis novos e novas.
Do 3 de abril ao 5 de maio, na Galería Sargadelos.
Axenda
Escenas da ópera "Electra" de R. Strauss, pola RFG
Paul Daniel dirixe a orquestra nesta selección de escenas desta obra composta por Richard Straus e con libreto alemán de Richard Strauss Hugo von Hofmannsthal.
O xoves 12 de abril, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"Riscos Xeolóxicos: danos que pode causar a natureza"
Esta exposición mostra como non todo o que procede da natureza é beneficioso para o ser humano. Concretamente en Galicia estamos expostos a perigos naturais como inundacións, desprendementos e corrementos de pedras e terras, terremotos e acumulación de gases canceríxenos no interior de edificios, como o radon.
Ata o 17 de xuño, no Museo de Historia Natural da USC.
Axenda
Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell
A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.
Na Fundación Eugenio Granell.