Venres 9 de xuño 2017

Axenda

Semana do Libro de Compostela (SELIC)

Máis de trinta postos de librarías e editoriais, presentacións, sinaturas de libros, actividades para a toda a familia e moito máis na primeira edición da Feira do Libro de Compostela.

Do 2 ao 11 de xuño, na praza da Quintana e outros espazos da cidade.

Axenda

Balnearia Bibliográfica, mostra no Gaiás

Percorrido polas augas minerais de Galicia, con 150 pezas orixinais relacionadas co mundo das augas termais e minerais a través dos libros.

Do 8 de abril ao 18 de setembro, na Cidade da Cultura.

Axenda

"Vicente Álvarez de Neira, arquiveiro", exposición na Cidade da Cultura

documentos deste ilustre persoeiro que forman parte do arquivo da familia Pita da Veiga, custodiado no Arquivo de Galicia

Do 9 de xuño ao 17 de setembro, na Cidade da Cultura.

Axenda

II edición de "Compostela + Solidaria"

O Concello e a Coordinadora Galega de ONGD poñen en marcha a 2ª edición de Compostela + Solidaria, un programa de sensibilización con máis de 30 actividades para todas as idades.

Do 29 de maio ao 16 de xuño, en diversos espazos da cidade.

Axenda

Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea

Exposición colectiva de máis dun centenar de pezas representativas do que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial.

Do 21 de marzo ao 25 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Mirando a cidade. Un paseo pola historia de Compostela", exposición fotográfica sobre a evolución urbana da cidade

Baixo o título Mirando a cidade. Un paseo pola historia de Compostela, esta exposición de fotografías mostra a evolución da cidade de Santiago, dende as súas orixes ata a actualidade, a través de lugares emblemáticos pertencentes a diferentes épocas históricas. Son un total de 61 instantáneas de 58 autores e autoras diferentes, integrados na Asociación Cultural Fotoforum Compostela. Recolle espazos tan diversos como a necrópole neolítica Chans de Figueiras, o Pazo de Xelmírez, o Pazo de Monroy, a Casa do Deán, o Pazo de Raxoi, a Finca do Espiño, o Pazo de Santa Cruz, a Cidade da Cultura, a dársena da Avenida Xoán XXIII, a Facultade de Ciencias da Comunicación, a estación do tren…

Ata finais de xuño, na Casa do Cabido.

Axenda

"Os mundos de Carlos Casares", exposición na Zona "C"

A exposición celebra a vida e obra do escritor ourensán na clave dun percurso vital, unha viaxe polo tempo e polo espazo.

Ata o 25 de xuño, na Zona "C".

Axenda

"Nosa Señora das Nubes", por Teatro do Morcego

Teatro do Morcego presenta Nosa Señora das Nubes, escrita por Arístides Vargas, centrada no encontro de dous personaxes expatriados nun espazo e tempo indeterminado.

O xoves 8 e o venres 9 de xuño, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.

Durante todo o ano, na Fundación Granell.

Compartir: