Xoves 8 de xuño 2017

Axenda

Semana do Libro de Compostela (SELIC)

Máis de trinta postos de librarías e editoriais, presentacións, sinaturas de libros, actividades para a toda a familia e moito máis na primeira edición da Feira do Libro de Compostela.

Do 2 ao 11 de xuño, na praza da Quintana e outros espazos da cidade.

Axenda

Balnearia Bibliográfica, mostra no Gaiás

Percorrido polas augas minerais de Galicia, con 150 pezas orixinais relacionadas co mundo das augas termais e minerais a través dos libros.

Do 8 de abril ao 18 de setembro, na Cidade da Cultura.

Axenda

II edición de "Compostela + Solidaria"

O Concello e a Coordinadora Galega de ONGD poñen en marcha a 2ª edición de Compostela + Solidaria, un programa de sensibilización con máis de 30 actividades para todas as idades.

Do 29 de maio ao 16 de xuño, en diversos espazos da cidade.

Axenda

Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea

Exposición colectiva de máis dun centenar de pezas representativas do que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial.

Do 21 de marzo ao 25 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Mirando a cidade. Un paseo pola historia de Compostela", exposición fotográfica sobre a evolución urbana da cidade

Baixo o título Mirando a cidade. Un paseo pola historia de Compostela, esta exposición de fotografías mostra a evolución da cidade de Santiago, dende as súas orixes ata a actualidade, a través de lugares emblemáticos pertencentes a diferentes épocas históricas. Son un total de 61 instantáneas de 58 autores e autoras diferentes, integrados na Asociación Cultural Fotoforum Compostela. Recolle espazos tan diversos como a necrópole neolítica Chans de Figueiras, o Pazo de Xelmírez, o Pazo de Monroy, a Casa do Deán, o Pazo de Raxoi, a Finca do Espiño, o Pazo de Santa Cruz, a Cidade da Cultura, a dársena da Avenida Xoán XXIII, a Facultade de Ciencias da Comunicación, a estación do tren…

Ata finais de xuño, na Casa do Cabido.

Axenda

"Os mundos de Carlos Casares", exposición na Zona "C"

A exposición celebra a vida e obra do escritor ourensán na clave dun percurso vital, unha viaxe polo tempo e polo espazo.

Ata o 25 de xuño, na Zona "C".

Axenda

Concerto en Praterías da Banda Municipal

A Banda Municipal de Música interpreta L’arlesienne, obra composta por Georges Bizet.

O xoves 8 de xuño, ás 20:00 horas, na praza das Praterías.

Axenda

"Nosa Señora das Nubes", por Teatro do Morcego

Teatro do Morcego presenta Nosa Señora das Nubes, escrita por Arístides Vargas, centrada no encontro de dous personaxes expatriados nun espazo e tempo indeterminado.

O xoves 8 e o venres 9 de xuño, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

"A Escola na Cidade", concertos fin de curso do CAEO

O segundo dos concertos fin de curso do CAEO será interpretado polos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) Irene García Patiño, violín, Amador del Pozo Macías, contrabaixo, Uxía González Ferreiro, violín acompañados ao piano por Simona Velikova.

O xoves 8 de xuño, ás 20:30 horas, no Paraninfo da Universidade.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.

Durante todo o ano, na Fundación Granell.

Compartir: