Venres 26 de agosto 2016
Axenda
Verán en Verde
Un verán cheo de actividades para toda a cidadanía. Actividades para ver, facer e percorrer toda a cidade, coñecendo e participando dos parques, espazos naturais e lugares de encontro sociocultural. Programa de actividades das concellarías de Acción Cultural e Medio Ambiente.
Do 4 de xullo ao 24 de setembro, en diversos espazos da cidade.
Axenda
Programación infantil con Apego
No marco do programa Apego, o Concello de Santiago agrupa toda a programación infantil en galego, de xeito que as familias poidan atopar facilmente todas as propostas dos diferentes departamentos municipais para os máis pequenos da casa.
Durante todo o verán, en diversos espazos da cidade.
Axenda
Mostra "80 anos. Santiago 1936" na Fundación Granell
A exposición 80 anos. Santiago 1936 pretende explicar como, en tan poucos días, Santiago pasou de ser unha cidade en plenas festas do Apóstolo, na que aínda se festexaba o Estatuto de Autonomía de Galicia, ao triunfo do golpe de estado. Como as rúas de Compostela pasaron de ser un espazo de convivencia, pugna e pluralidade democrática, a converterse no escenario do medo, da persecución e da matanza.
Do 7 de xullo ao 25 de setembro, na Fundación Granell (praza do Toural). A mostra pode visitarse de martes a venres de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, e os sábados de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
Axenda
Mostra do Noveno Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas
Novena edición do Premio Auditorio de Galicia, unha convocatoria que testa a creación emerxente en Galicia achegándonos ás diferentes disciplinas nas que se moven os creadores, pintura, escultura, fotografía, performance, vídeo, instalacións. Foron cento trece os dossieres presentados e son coarenta os artistas que forman parte desta exposición.
Do 11 de marzo ao 18 de setembro, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural