Xoves 7 de abril 2011

Axenda

Exposición de Carolina Caluori: "Give me your picture..."

Nova mostra na Zona "C", desta volta coa artista arxentina Carolina Caluori, que expón unha montaxe baixo o título Give me your picture....

Do 9 de febreiro ao 24 de abril na Zona "C".

Axenda

Mostra con motivo do 50 aniversario da Agrupación Cultural O Galo

A Agrupación Cultural O Galo celebra o seu 50 aniversario e para celebralo, a Fundación 10 de Marzo coa colaboración da Concellaría de Cultura e da propia Agrupación preparou unha exposición sobre a súa historia. A mostra, baixo o título A primeira década do canto do galo, xira arredor dos primeiros 10 anos de traxectoria da agrupación.

Do 15 de marzo ao 19 de abril, no local do Galo (praza de San Miguel, 5-baixo), en horario de 18:30 a 21:00 horas.

Axenda

"A memoria silenciada: Conxo e Compostela"

No marco do programa A memoria silenciada: Conxo e Compostela, táboa redonda titulada Os nomes e as voces de Compostela e Conxo, con Lourenzo Fernández Prieto e Luís Pasín; e proxección do filme Liste, pronunciado Líster, de Margarita Ledo Andión.

O xoves 7 de abril, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural "Aurelio Aguirre" de Conxo.

Axenda

Concerto da Filharmonía coa violinista Carolin Widman

Concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Antoni Ros Marbá, e acompañada por Carolin Widman ao violín. Con obras de F. Mendelssohn, J. L. Turina e S. Prokofiev.

O xoves 7 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Os gravados de Manoel Bonabal na Casa das Asociacións

A Concellaría de Participación Cidadá leva á Casa das Asociacións a exposición Pingas, na que o artista compostelán Manoel Bonabal amosará gravados (xilografía e monotipias) coa temática da chuvia.

A mostra enriquecerase tamén coas achegas colectivas da obra dos participantes nun taller de gravado no que poderán participar de balde oito asistentes (de balde). Faranse fundamentalmente xilografías aditivas, se ben puntualmente, se o tempo o permite, se realizará algunha intervención en augaforte. Disporase de tórculo, pranchas de linóleo, gubias, rodillos, etc. Os asistente deberán traer unha bata ou roupa para traballar (tintas). No caso de contar con algunha gubia de xilografía, ou material de gravado, agradécese traelo. O taller poderase prorrogar á semana seguinte de interesar aos participantes.

Do 6 ao 29 de abril, na Casa das Asociacións (Rúa Manuel Beiras 3, antiga estación de Cornes.

O obradoiro celebrarase os días 12, 13 e 14 de abril de 17:00 a 20:00 horas. Máximo 8 participantes a partires dos 14 anos.

Inscricións:
Casa das Asociacións
Teléfono: 981 542 350
participacioncidada@santiagodecompostela.gal

Axenda

"A memoria da xente" no Ensanche

A exposición A memoria da xente segue a súa andaina polos barrios composteláns no CSXM do Ensanche. Trátase dunha mostra gráfica e audiovisual que converte en protagonistas as pequenas historias anónimas de Compostela e aborda ao conxunto da cidade desde 1900 ata 1975.

Do 2 ao 16 de abril, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

Exposición "Con A de Astrónomas" no Castiñeiriño

Con A de Astrónomas é unha historia que empeza hai miles de anos, quizáis centos de miles, cando as nosas antepasadas, con "a", miraron ao ceo e preguntaron que había nel. É seguro que, xa entón, as mulleres mediron o tempo observando a Lúa e o Sol.

Do 7 ao 23 de abril, no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.

Axenda

"Casus belli + Refutación do contexto"

O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.

Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Compartir: