Domingo 24 de abril 2011

Axenda

Exposición de Carolina Caluori: "Give me your picture..."

Nova mostra na Zona "C", desta volta coa artista arxentina Carolina Caluori, que expón unha montaxe baixo o título Give me your picture....

Do 9 de febreiro ao 24 de abril na Zona "C".

Axenda

Os gravados de Manoel Bonabal na Casa das Asociacións

A Concellaría de Participación Cidadá leva á Casa das Asociacións a exposición Pingas, na que o artista compostelán Manoel Bonabal amosará gravados (xilografía e monotipias) coa temática da chuvia.

A mostra enriquecerase tamén coas achegas colectivas da obra dos participantes nun taller de gravado no que poderán participar de balde oito asistentes (de balde). Faranse fundamentalmente xilografías aditivas, se ben puntualmente, se o tempo o permite, se realizará algunha intervención en augaforte. Disporase de tórculo, pranchas de linóleo, gubias, rodillos, etc. Os asistente deberán traer unha bata ou roupa para traballar (tintas). No caso de contar con algunha gubia de xilografía, ou material de gravado, agradécese traelo. O taller poderase prorrogar á semana seguinte de interesar aos participantes.

Do 6 ao 29 de abril, na Casa das Asociacións (Rúa Manuel Beiras 3, antiga estación de Cornes.

O obradoiro celebrarase os días 12, 13 e 14 de abril de 17:00 a 20:00 horas. Máximo 8 participantes a partires dos 14 anos.

Inscricións:
Casa das Asociacións
Teléfono: 981 542 350
participacioncidada@santiagodecompostela.gal

Axenda

"A memoria da xente" en Vite

A exposición A memoria da xente segue a súa andaina polos barrios composteláns no CSC de Vite. Trátase dunha mostra gráfica e audiovisual que converte en protagonistas as pequenas historias anónimas de Compostela e aborda ao conxunto da cidade desde 1900 ata 1975.

Do 19 de abril ao 4 de maio, no Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite.

Axenda

"Casus belli + Refutación do contexto"

O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.

Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Compartir: