Carpeta Cidadá da web (Solicitude de PIN de acceso)
Descrición
Na CARPETA CIDADÁ está dispoñible un servizo para realizar algúns trámites municipais en liña.Requirimentos
Pode acceder a este servizo:- Solicitando unha clave de acceso (PIN) na Oficina Municipal de Atención á Cidadanía.
- Co DNI electrónico.
- Co certificado dixital.
Documentación necesaria
Solicitude do PIN:Persoa física:
- Fotocopia do documento de identidade do solicitante.
- En caso de actuar en representación, deberá achegar fotocopias dos documentos de identidade do representante e do solicitante, coa autorización escrita deste último ou copia do poder de representación.
- Fotocopia do CIF da persoa xurídica.
- Fotocopia da escritura ou estatutos de constitución da entidade.
- Documento que acredite capacidade para actuar en nome da entidade e fotocopia do documento de identidade do respresentante.
- Fotocopia do DNI/NIF da persoa adherida ao convenio de colaboración social.
- Documento orixinal de adhesión ao Convenio de colaboración social. (Convenio de colaboración social é o asinado entre o Concello de Santiago de Compostela e o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, do 23 de xullo de 2007).
- No caso de actuar en representación deberá achegar autorización escrita ou poder do interesado para actuar no seu nome e representación e fotocopia dos documentos de identidade do representante e o solicitante.
Solicítase en
Atención á CidadaníaEnderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:30 h.
Preséntase en
Rexistro XeralEnderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Horario: Atención presencial: de luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 horas.
A atención presencial no Rexistro Xeral realizarase sen cita previa e unicamente será necesario solicitar número ou quenda na máquina dispensadora de citas.
Os cidadáns poderán obter o seu número ou quenda das 09:00 ás 13:30 horas.
Cada quenda permitirá realizar un máximo de dous trámites. No caso de ter que facer máis de dous trámites, os interesados poderán obter os números que precisen.
Rexistro electrónico do Concello de Santiago en sede.santiagodecompostela.gal
Tamén pode presentar calquera documentación ou solicitude dirixida ao Concello de Santiago a traves da Red SARA
Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita na rúa do Presidente Salvador Allende, 4-baixo.
Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A documentación relacionada co departamento de Atención ao Contribuínte só será recollida nese departamento.
O Rexistro Xeral NON recolle a documentación que se deba de presentar na oficina de Atención ao Contribuínte.
Para axilizar a tramitación de solicitudes relativas a temas urbanísticos e tributarios prégase a súa presentación nos rexistros auxiliares específicos.
Segundo o disposto no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas:
En todo caso, estarán obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións Públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo, polo menos, os seguintes suxeitos:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica.
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
e) Os empregados das Administracións Públicas para os trámites e actuacións que realicen con elas por razón da súa condición de empregado público, na forma en que se determine regulamentariamente por cada Administración.

Tramítase en
Atención á CidadaníaEnderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:30 h.
Formularios
- Solicitude clave xestións na web municipal (Impreso galego) 274,54 KB PDF
- Solicitude clave para gestiones en la web municipal (Impreso castellano) 276,84 KB PDF
- Autorización de representación para solicitar clave para xestións na web municipal (Impreso galego) 48,56 KB PDF
- Autorización de representación para solicitar clave gestión en la web municipal (Impreso castellano) 48,94 KB PDF