Información e Comunicación Local, S.A. (Incolsa)
Rúa do Vilar, n. 63, baixo.Tel.: 981 555 129 / / Fax: 981 554 748
Contactar co Concello
Web: www.santiagoturismo.com
Oficina municipal de turismo
Rúa do Vilar, 63Tel.: Tel.: +34 981 555 129 / / Fax: Fax: 981 584 748
info@santiagoturismo.com
Web: www.santiagoturismo.com
Horario: Aberta todo o ano
Inverno: todos os días de 9 a 14 e de 16 a 19 horas
Semana Santa e do 1 de xuño ao 30 de setembro: todos os días de 9 a 21 horas.
Nas oficinas municipais de turismo facilítaselles aos cidadáns e visitantes información turística vinculada co Concello: monumentos, museos, hoteis, restaurantes, lugares de ocio, troco de diñeiro, transportes, temas relacionados co Xubileo e o Camiño de Santiago, zonas de compras, oferta cultural...
Existen escritorios permanentes de información turística municipal na praza de Galicia e rúa do Vilar, 63 (Incolsa) e outras de apertura temporal no Castiñeiriño, en San Lázaro, estación de tren, aeroporto e Pazo de congresos e exposicións. Asemade, facilítanse folletos e publicidade, tanto se se solicita persoalmente como se se fai por teléfono, fax ou por correo.
Como axuda ao fomento e atención do turismo na nosa cidade no ano 1999 creouse a sociedade municipal Incolsa (Información e Comunicación local, S.A.), destinada á promoción e comunicación institucional de Santiago de Compostela.
Compostela Film Comisión créase para promover a utilización da cidade no cine.
Concellarías
Noticias
- O Tren Cacharelo volve a percorrer a cidade este xoves co Festival de San Xoán 21/06/2022
- As Cidades Patrimonio da Humanidade de España e México acordan fortalecer as súas relacións e fomentar a mutua colaboración 15/06/2022
- Santiago amosa o seu compromiso coa realidade LGTBI cunha nova edición de Compostela Diversa 13/06/2022