Oficina de Cidade Histórica e Rehabilitación
Praza de Cervantes n. 5-2ºTel.: 981 54 24 37
Tel. tramitación de subvencións: 981 542 419
A Oficina municipal da Cidade Histórica e de Rehabilitación ten encomendadas funcións relativas á rehabilitación de vivendas, edificios ou locais:
Ofrece información de carácter urbanístico, sobre subvencións do IGVS e sobre préstamos de entidades financeiras. Realiza a tramitación das axudas municipais e arqueolóxica.
Funcións:
Dentro das zonas incluídas no Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela:
- Tramitación administrativa das axudas á rehabilitación.
- Elaboración e execución de proxectos de actuacións singulares, en espazos públicos.
- Coordinación das actuacións promovidas por outros organismos públicos.
- Realización de estudos específicos relativos ao patrimonio cultural da cidade.
- Difusión e posta en valor do patrimonio cultural.
- Promoción de novas áreas de rehabilitación.
A Oficina municipal da cidade histórica e de rehabilitación actuará nos seguintes ámbitos, delimitados no Plan xeral de ordenación urbana vixente:
- PE-1 Plan especial de protección e rehabilitación da Cidade Histórica.
- PE-3 Plan especial director de ordenación e rehabilitación do Camiño de Santiago
- PE-5 Plan especial de acondicionamento e saneamento do río Sarela e do seu contorno (1º treito)
- PE-5 bis Plan especial de acondicionamento e saneamento do río Sarela e do seu contorno (2º treito)
- PE-8 Plan especial de ordenación do Campus Universitario.
Trámites
Noticias
- Rematadas as reunións dos grupos focais para a elaboración do Plan de Xestión da Cidade Histórica 12/04/2018
- Inícianse as reunións focais para a elaboración do Plan de Xestión da Cidade Histórica de Santiago 20/03/2018
- Presentadas as Bases do Plan de Xestión da Cidade Histórica de Santiago 23/02/2018
Anuncios
- Programa LIMIAR 12/01/2018