Protección Civil
Avenida Fernando Casas Novoa, 20. Local 1 (Estadio de San Lázaro)Tel.: 981 543 105 / Contactar co Concello
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Santiago de Compostela ofrece os seguintes servizos:
- Inspección das distintas rutas xacobeas.
- Acompañamento de peregrinacións.
- Servizos culturais: concertos, procesións, xornadas culturais.
- Axuda social.
- Servizos de medio ambiente: todo o relacionado co contorno natural, rescate e recollida de fauna salvaxe (especialmente fauna protexida), recollida de árbores de Nadal...
- Relatorios e conferencias en colexios, institutos ou otras asociacións sobre O Camiño e sobre a Protección Civil.
- Busca de persoas desaparecidas.
- Colaboración con outros corpos: Policía Local, Bombeiros, Policía Nacional e Autonómica, Garda Civil, Cruz Vermella...
- Eventos deportivos: fútbol, fútbol sala, baloncesto, sendeirismo...
- Participación nos grandes eventos do Concello: Cabalgadas de Reis e Entroido, Fogos do Apóstolo, Carreira Pedestre Popular...
- Actuación en inundacións, temporais, xeadas ou desastres naturais.
- Todos aqueles eventos nos que sexa requirida ou necesaria a súa presenza por motivos xustificados.
Noticias
- Membros de Protección Civil das Illas Canarias impartirán unha charla sobre a xestión e os efectos da erupción volcánica na Illa da Palma 29/11/2023
- Aprobada unha modificación de crédito de dez mil euros para a adquisición de novos vehículos destinados a Protección Civil 28/05/2020
- Complétase a entrega de equipos de conexión aos centros educativos, aos que tamén se lles reparte material de protección 12/05/2020