Policía Municipal
Pazo de Raxoi, entrada pola rúa Trindade.Tel.: 981 542 323. Obxectos perdidos: 981 542 441. Emerxencias: 092 / Web: policialocal.santiagodecompostela.gal
Horario: Todos os días as 24 horas.
O Corpo da Policía Local ten como misión a protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá.
As súas funcións, que exercen dentro do termo municipal, son:
- Auxiliar e protexer as persoas e bens.
- Velar polo cumprimento das normas.
- Ordenar, sinalizar, regular e dirixir o tráfico no casco urbano de acordo co establecido nas normas de circulación.
- Instruír atestados por accidentes de circulación.
- Protexer as autoridades da Corporación local e vixilar ou custodiar os seus edificios e instalacións.
- Policía administrativa no relativo ás ordenanzas, bandos e demais disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.
- Participar nas funcións de Policía xudicial.
- Prestar auxilio nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública na execución dos plans de Protección civil.
- Efectuar dilixencias de prevención e actuacións tendentes a evitar a comisión de actos delitivos no marco de colaboración establecido nas xuntas de seguridade.
- Vixiar os espazos públicos e colaborar coas forzas de seguridade do Estado e coa Policía autonómica na protección das manifestacións e do mantemento da orde en grandes concentracións humanas, cando sexa requirido.
A Policía Local está dividida en varias seccións ou unidades:
- Xefatura.
- Seguridade cidadá.
- Tráfico e circulación.
- Administración e servizos.
- Barrios e distritos.
Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello
Noticias
- 4.500 escolares pasarán polo parque de educación viaria de Amio este ano 02/03/2023
- A Policía Local de Santiago celebra os seus 175 anos ao servizo da cidadanía de Compostela 22/02/2023
- A Policía Local de Santiago celebra mañá o seu 175 aniversario nun acto no que se fará entrega das medallas de permanencia aos axentes con máis de 30 anos de servizo 21/02/2023