Padrón Municipal de Habitantes
Baixos de Raxoi (entrada pola rúa Raxoi)Tel.: 981 542 318 / / Fax: 981 543 028 // Correo: padronmh@santiagodecompostela.gal
Contactar co Concello
Horario: de luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas. (Horario de verán de 9:00 a 13:00)
A atención presencial farase exclusivamente mediante cita previa. A cita pode solicitarse a través da páxina https://citaprevia.santiagodecompostela.gal ou no teléfono 881505107.
- O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde consta a veciñanza dun municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual nel. As certificacións que dos devanditos datos se expidan terán carácter de documento público e fidedigno para todos os efectos administrativos. Realiza todas as actuacións necesarias para que os datos sexan reais.
TRÁMITES TELEMÁTICOS OU PRESENCIAIS:
-Consulta do censo electoral
-Expedición dos certificados individuais de empadroamento . Tamén pode descargar o certificado de empadroamento individual na sede electrónica do Concello.
TRÁMITES EXCLUSIVAMNETE PRESENCIAIS NAS OFICINAS DO PADRÓN
-Xestión de altas e baixas do padrón municipal
-Cambio de domicilio dentro do termo municipal
-Modificación dos datos persoais (cambio do nivel de estudos, cambio de nacionalidade, inversión de apelidos…)
-Xestión da renovación de persoas estranxeiras
-Xestión da confirmación de persoas estranxeiras
-Certificados de empadroamento colectivo, certificados de convivencia
Documentación requirida
• Folla padroal asinada por TODAS as persoas maiores de idade
• Acreditación da identidade de TODAS as persoas asinantes. Son documentos válidos:
a) DNI
b) Tarxeta de residencia en vigor e o pasaporte do país de procedencia, no suposto de cidadanía
de estados membros da Unión Europea.
c) NIE e pasaporte das persoas estranxeiras non europeas.
- Para as persoas menores de 14 anos sen documento propio achegarase o libro de familia, ou
o certificado de nacemento e o documento en que conste a súa garda e custodia(se o
houber). No caso de que se inscriban cun só proxenitor, deberán asinar a alta os dous
proxenitores e achegarán o documento de identidade. Se non poden asinar os dous
proxenitores, quen realice a xestión deberá cubrir o impreso de declaración responsable para
a alta da persoa menor
• Acreditación da vivenda. Son documentos válidos:
a) Xustificante da propiedade do inmoble ou do arrendamento (escritura de propiedade, recibo
do IBI ou contrato de arrendamento actualizado). Se non ten o contrato actualizado, deberá
presentar unha factura do pago do último mes.
b) Se non é a persoa propietaria nin a titular de contrato de alugueiro, debe presentar a
autorización da propiedade da vivenda ou, en seu caso, da persoa a nome de quen figura o
contrato de alugueiro actualizado. Se o contrato non está actualizado deberá acompañalo dun
recibo de pagamento do alugueiro do último mes. Deberá exhibir o documento de identidade
orixinal da persoa que autoriza.
Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello
Trámites
- Alta e cambio de domicilio no padrón municipal de habitantes
- Certificados de empadronamento e de convivencia