Atención ao Contribuínte
Rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixoTel.: 981 542 340 / Contactar co Concello
Horario: Atención presencial, de luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. (agás horario específico de cita previa)
Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:00 h. (agás horario específico de cita previa)
Cita previa
Xestión tributaria, Recadación e Inspección
Galeras, 5 -3º andarXestión tributaria, Recadación e Inspección
O servizo de Xestión, Recadación e Inspección ocúpase de realizar as xestións encamiñadas á consecución material das liquidacións dos tributos e doutros ingresos municipais, así como das recadacións, ao tempo que procura facer efectivo o principio de xeneralidade nas cargas tributarias dos obrigados ao pagamento a través da sección de inspección tributaria.Atención ao contribuínte
É a canle de comunicación entre o cidadán obrigado ao pago e os diversos servizos encargados de realizar a xestión e recadación de impostos, taxas e prezos públicos.Entre as funcións que desenvolve atópanse as seguintes:
- Información sobre os dereitos e obrigas do contribuínte.
- Asistencia ao usuario do servizo de Xestión, Recadación e Inspección do Concello.
- Asistencia nas declaracións tributarias e axuda na presentación de Autoliquidacións dos diferentes tributos contemplados nas ordenanzas fiscais municipais
- Presentación de solicitudes para a tramitación de alteracións da titularidade catastral dos bens inmobles de natureza urbana e rectificación de datos do pagador deses bens.
- Información e tramitación de beneficios fiscais (exencións e bonificacións) dos diferentes tributos.
- Emisión de certificados sobre os datos obrantes nos padróns e listaxes de cobro dos diferentes impostos e taxas.
- Presentación de solicitudes para a tramitación de domicializacións bancarias para o pagamento de tributos.
- Emisión de documentos de pago dos diferentes ingresos municipais.
- Presentación de solicitudes para a tramitación de fraccionamento e aprazamento de débedas municipais.
- Presentación de solicitudes para a tramitación de devolución de ingresos indebidos.
- Presentación de solicitudes para a tramitación de reclamacións e recursos tanto na fase de xestión como na de recadación dos ingresos municipais.
Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello
Concellarías
Noticias
- Apróbase inicialmente o expediente de crédito de 75.000 euros para os bonos de consumo destinados ao comercio e hostalería do barrio de San Pedro-Concheiros 10/01/2022
- Aberto do 5 de xullo ao 5 de outubro o prazo de pagamento do IBI 03/07/2020
- O luns 6 de xullo, último día para realizar o pagamento voluntario do IVTM 26/06/2020