Existe unha conciencia social, un deber institucional e un empeño político en relación cos problemas ambientais. Dada a proximidade ao cidadán, é na Administración local onde se formulan moitos dos problemas ambientais concretos. O Concello asume que os criterios ambientais e de desenvolvemento sustentable estarán presentes en todas as actuacións municipais: planificación urbanística e económica, tráfico e transporte, ordenación do territorio e creación de novas infraestruturas, implantación de novos servizos, educación e cultura.

O Consello de Medio ambiente
Instrumento clave de participación e debate dos diferentes actores sociais de Santiago e canle de transmisión das inquedanzas da poboación relacionadas co ambiente. Conta con comisións de traballo para temas específicos para gañar en operatividade. Nestas comisións, elabóranse as propostas para logo seren elevadas á reunión do Consello municipal de Medio ambiente, cun regulamento propio.

Son máis de 30 persoas as que forman parte deste órgano de participación de cara a favorecer a representatividade e o consenso. É función dos membros do Consello propoñer alternativas concretas aos problemas ambientais existentes para que logo sexan tratadas polos órganos municipais competentes.

Trámites



Compartir: