Cultura
Rúa Nova, 21 (Teatro Principal)Tel.: 981 542 461 / Contactar co Concello
Web: www.compostelacultura.gal
Elabora e coordina a programación que se desenvolve no Teatro Principal.
Coordina as actuacións da Banda de música municipal, cunha programación establecida do seguinte xeito:
Un concerto cada domingo, que se celebra no palco de música da Alameda, agás durante os meses de outono e inverno que por razóns climatolóxicas o fai no Teatro Principal, sempre ás 12.00 horas.
Un concerto cada xoves dende o primeiro de xuño ata o derradeiro do mes de setembro, ás 20.00 horas, que se celebran xeralmente na rúa do Vilar.
Asemade participan en inauguracións, concertos e intercambios con outras bandas, segundo os acordos que neste sentido se adopten dende o Concello.
Informa e distribúe publicacións municipais relativa aoss seus programas culturais.
Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello
Noticias
- Contraproducións leva ao Teatro Principal o humor corrosivo de Martin McDonagh en ‘Entrega en Man’ 25/04/2024
- Preto de mil persoas reuniranse en Compostela para cantaren xuntas Grândola, Vila Morena 24/04/2024
- Amplíase ata o 29 de abril o prazo de inscrición no laboratorio de movemento ‘SOMA’ 23/04/2024