As eleccións municipais celebradas o 28 de maio de 2023 deron como resultado un goberno de 8 concelleiros/as do BNG (6) e de Compostela Aberta (2).

A composición actual do Goberno municipal é a seguinte:

Goretti Sanmartín Rei. Alcaldesa. Competencias adscritas: Lingua, Igualdade, Relacións Institucionais, Padrón de Habitantes e Axenda 2030. Voceira da Xunta de Goberno Local.
alcaldia@santiagodecompostela.gal

María Rozas Pérez. Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Primeira tenenta de alcaldesa.
mrozasp@santiagodecompostela.gal

Míriam Louzao Fernández.Concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica. Segunda tenenta de alcaldesa e voceira do Goberno municipal.
mlouzaof@santiagodecompostela.gal

Xesús Manuel Domínguez Domínguez. Concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Dereitos dos Animais, Servizos Básicos Comunitarios, Parques e Xardíns e Vías e Obras. Terceiro tenente de alcaldesa.
xdominguezd@santiagodecompostela.gal

Pilar Lueiro García. Concelleira de Deportes, Relacións Veciñais, Festas, Rural e Unidade Municipal de Atención a Drogodependencias (UMAD). Cuarta tenenta de alcaldesa.
plueirog@santiagodecompostela.gal

Manuel César Vila. Concelleiro de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local.
mcesarv@santiagodecompostela.gal

Iago Lestegás Tizón. Concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica.
ilestegast@santiagodecompostela.gal

Xan Duro Fernández.Concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais.
xdurof@santiagodecompostela.gal


Compartir: