As eleccións municipais celebradas o 24 de maio de 2015 deron como resultado un goberno de Compostela Aberta, con 10 concelleiros.

A composición actual do Goberno municipal é a seguinte:

Martiño Noriega Sánchez. Alcalde. Voceiro da Xunta de Goberno Local. Competencias directas en Lingua, Comunicación, Protocolo, Relacións Institucionais e Parque Móbil.
alcaldia@santiagodecompostela.gal

María Rozas Pérez. Concelleira responsable de Economía, Facenda e Administración, con competencias en Planificación Económica e Financeira, Xestión Tributaria, Xestión Orzamentaria, Política Fiscal, Réxime Interno, Persoal, Contratación, Arquivo, Rexistro e Atención á Cidadanía. Primeira tenente de alcalde.
mrozasp@santiagodecompostela.gal

Jorge Duarte Vázquez. Concelleiro responsable de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais, con competencias en Urbanismo (Planeamento, Licenzas e Disciplina Urbanistica e Patrimonio), Cidade Histórica, Rehabilitación, Vivenda, Mobilidade, Participación e Relacións Veciñais. Segundo tenente de alcalde.
jduartev@santiagodecompostela.gal

Branca Novoneyra. Concelleira responsable de Acción Cultural, con competencias en Cultura (Auditorio de Galicia, Teatro Principal e Zona C) e Festas.
bnovor@santiagodecompostela.gal

Xan Duro Fernández. Concelleiro responsable de Medio Ambiente, Convivencia e Informática, con competencias en Sustentabilidade (Residuos Sólidos Urbanos, Auga, Enerxía, Consumo e Cemiterios), Convivencia (Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, Tráfico, Grúa e ORA), Parques e Xardíns, Innovación e Informática. Secretario da Xunta de Goberno.
xdurof@santiagodecompostela.gal

Concepción Fernández Fernández. Concelleira responsable de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, con competencias en Políticas Sociais, Diversidade, Economía Social, Maiores, Saúde, UMAD, UAMI, Cooperación e Rede de Centros Socioculturais.
cfernandezfe@santiagodecompostela.gal

Manuel Dios Diz. Concelleiro responsable de Educación e Cidadanía, con competencias en Educación, Cidadanía e Dereitos Humanos. Deputado provincial.
mdiosd@santiagodecompostela.gal

Marta Lois González. Concelleira responsable de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, con competencias en Igualdade, Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Terceira tenente de alcalde.
mloisg@santiagodecompostela.gal

Rafael Peña Vidal. Concelleiro responsable de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, con competencias en Medio Rural, Proxectos e Obras e Brigada de Vías e Obras.
rpenav@santiagodecompostela.gal

Noa Morales Sánchez. Concelleira responsable de Mocidade, Deporte, Mercados e Benestar Animal, con competencias en Xuventude, Deportes, Mercados e Refuxio de Animais.
nmoraless@santiagodecompostela.gal


Compartir: