Gumersindo Guinarte Cabada
Gumersindo Guinarte Cabada
Concelleiro responsable de Presidencia, Relacións Institucionais, Turismo, Festas, Protección Civil e Servizo de Extinción de Incendios e Emerxencias. Delegado do Ano Santo 2021 e 2022, con competencias en Turismo, Incolsa, Cooperación, Dereitos Cidadáns e Padrón de Habitantes. Secretario da Xunta de Goberno Local. Segundo tenente de alcalde.
Naceu en Forcarei e trasladouse de neno a Compostela. Aquí estudou, ata doutorarse en Dereito. É profesor e decano da Facultade de Dereito da USC. Compatibilizou a súa traxectoria universitaria con diversos cargos políticos e institucionais, dentro e fóra da Universidade, entre os que figuran: director do Instituto de Criminoloxía, secretario xeral da USC, vicevaledor do Pobo e secretario xeral da Presidencia da Xunta no Goberno de Emilio Pérez Touriño.
Relacións institucionais
Representación municipal nas relacións con outras administracións, así como naqueles eventos ou actos institucionais nos que a cidade participa.
Turismo
O Concello aposta polo turismo como principal motor económico do Concello, pero cun crecemento planificado e controlado. turismo en Santiago. Neste sentido, traballa para crear una oferta turística de calidade, baseada na autenticidade de Santiago como concello vivo, patrimonial , cultural e hospitalario, no que a cultura e o medio ambiente son os eixes transversais fundamentais para definir un desenvolvemento turístico auténtico e sostible a longo prazo. Ademais, deséñanse políticas coordenadas para entre o turismo e o resto de áreas municipais, considerando a potencialidade deste sector na xeración de emprego.

A acción municipal en materia turística baséase nos principios de transparencia, participación, accesibilidade, transversalidade, desestacionalización, descentralización e diversidade. Deféndese un modelo que prioriza a calidade fronte á cantidade, o apoio ás pequenas iniciativas turísticas, a perspectiva humana do turismo, a accesibilidade universal, o aproveitamento do patrimonio autóctono, a dinamización da cidade monumental, a consolidación da imaxe de Santiago como concello verde e a penalización da especulación de prezos.

Para atender estas necesidades, a Concellaría xestiona un Plan de Excelencia Turística e conta cunha empresa municipal, Incolsa, dedicada especificamente á promoción turística da cidade. Esta ten a función de posicionar a cidade nos diferentes mercados turísticos especializados, así como a posta en marcha de programas de diversificación e desestacionalización.
Atención á Cidadanía
É a canle máis directa para que a cidadanía poida acceder ao coñecemento dos seus dereitos e obrigas e a utilización dos bens e servizos públicos. Entre as súas funcións atópanse: orientación e información, entrega de instancias, tramitación de incidencias da cidadanía, xestión da información administrativa municipal, tramitación ou a tramitación de queixas e suxestións.
Festas
O Departamento de Festas ten como obxectivo principal o fomento da participación nas distintas manifestacións culturais e lúdicas celebradas durante o ano, mediante a organización e apoio de programas que cronoloxicamente comezan no Nadal coa cabalgata de Reis, o Entroido, a Semana Santa, a Ascensión e o Apóstolo, ademais das festas populares e patronais que se organizan en cada barrio.


Compartir: