FESTAS

O programa "Artellando" leva as festas a toda a cidade con máis de vinte actividades distintas

Rolda de prensa.
07/07/2017

O ciclo Artellando volverá levar o ambiente festivo a toda a cidade, con máis de vinte actividades distintas programadas no marco do Apóstolo 2017. A tenente de alcalde María Rozas debullou hoxe a programación, nunha rolda de prensa na que tamén participaron representantes das entidades que participan do Artellando: Fran Rei, de Culturactiva; Mauro Sanín, da Central Folque; José Expósito, de Pista Catro; e Mariola Cerdeiro, de Urdime.

Ler máis

FESTAS

Terra da Fraternidade acollerá artistas de tres continentes en conexión con músicos do país

Rolda de prensa.
06/07/2017

Terra da Fraternidade é unha das propostas destacadas da programación das festas do Apóstolo 2017 e terá lugar do 14 ao 18 de xullo na praza da Quintana. Haberá artistas de Polonia, Mozambique, Ghana, Francia, Brasil, Etiopía, Colombia e Portugal, con cadansúa contraparte galega: Mercedes Peón, Raigañas, Habelas Hainas, Adrián Costa, Abe Rábade, The Lákazans e García MC.

Ler máis

FESTAS

Máis días e máis actividades para todos os públicos nas festas do Apóstolo 2017

Outro momento da rolda de prensa.
05/07/2017

O alcalde presentou hoxe a programación das festas do Apóstolo, que se celebrarán do 14 ao 31 de xullo. Martiño Noriega salientou que serán "18 días cunha intensa actividade, con propostas dirixidas a públicos moi diversos, en localizacións distintas por toda a cidade, e coa implicación de diferentes colectivos de Compostela". O rexedor salientou que se consolidan apostas que foron xurdindo nos últimos anos, coma o ciclo Artellando, o concerto das bandas galegas na Quintana ou as actuacións dos...

Ler máis
Compartir: