- 1941. Declarada Conxunto Histórico de Interese Nacional.
- 1985. Declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o 4 de decembro de 1985. Galardón recibido en marzo de 1986.
- 1985. Premio Europa 1985. Distinción do Consello de Europa a unha cidade polo seu compromiso europeo. Declarado o 12 de xullo de 1985.
- 1987. Primeiro Itinerario Cultural Europeo. O Camiño de Santiago foi declarado Primeiro Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa en 1987 (23 de outubro de 1987).
- 1987. Bandeira de Honra do Consello de Europa (23 de outubro de 1987).
- 1992. Premio Firenze outorgado polo Centro Culturale Firenze Europa o 5 de decembro de 1992. Patrocina: Comune de Florencia.
- 1993. Premio Real Fundación de Toledo (convocatoria de 1993). Recibido en outubro de 1994. "Polo seu proxecto de recuperación e renovación urbana, que combina adecuada e intelixentemente a tradición e o contemporáneo".
- 1993. O Camiño de Santiago foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o 10 de decembro de 1993 (Reunión da UNESCO en Cartaxena de Indias Colombia).
- 1994. Premio Europa Nostra. Á rehabilitación da antiga fábrica de curtidos de Carme de Abaixo. Arquitecto: José Luis Pereiro.
- 1995. Cidades europeas da cultura no ano 2000: Avignon, Bergen, Bolonia, Bruxelas, Cracovia, Helsinki, Praga, Reikjavik e Santiago de Compostela.
- 1995. Santiago de Compostela foi designada candidata polo Consello de Ministros o 30 de xuño de 1995. O 30 de novembro dese mesmo ano, o Consello de Ministros de Cultura da Unión Europea designaba como "Cidades Europeas da Cultura no ano 2000" a Avignon (Francia), Bergen (Noruega), Bolonia (Italia), Bruxelas (Bélxica), Cracovia (Polonia),
Helsinki (Finlandia), Praga (República Checa), Reykjavik (Islandia) e
Santiago de Compostela (España). - 1996. Premio Gubbio 1996. Convocado cada tres anos pola Asociación Nacional de Centros Histórico Artísticos de Italia (ANCSA) e polo Concello de Gubbio. Concedido ao programa Ponte de Rehabilitación de Vivendas da Cidade Histórica de Santiago de Compostela.
- 1996. Premio Europa Nostra 1996 (recibido en 1997). Pola política de rehabilitación do patrimonio que se executan no centro histórico da cidade.
- 1997. Medalla da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa. Entregada o 31 de marzo de 1997 pola presidenta da Asemblea. En recoñecemento á cidade polos seus esforzos para promover o patrimonio europeo da cidade de Santiago de Compostela, recoñecendo a súa actuación como un gran servizo á causa europea.
- 1997. Premio Manuel da Dehesa. Concedido polo Ministerio de Fomento, Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España, Universidade Menéndez Pelayo (UIMP) e Universidade de Alcalá aos arquitectos Álvaro Siza Vieira e Isabel Aguirre Urcola pola súa actuación de rehabilitación do antigo cemiterio e Hortas de Bonaval como parque público, aberto ao público en 1994. A actuación foi financiada polo Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela.
- 1998. Premio Europeo de Urbanismo. Concedido pola Comisión Europea na categoría de planificación local, despois de competir con 130 actuacións de todo o continente.
- 2001. Premio Europa Nostra 1999-2001 polas obras de rehabilitación da Catedral de Santiago desenvolvidas pola Consellaría de Turismo e Cultura da Xunta de Galicia entre os anos 1997 e 1999 cun investimento de máis de 500 millóns de pesetas.
- 2001. Premio Torre Guinigi. Concedido pola cidade italiana de Lucca (Toscana) polos traballos de recuperación da cidade histórica desenvolvidos nos últimos anos.
- 2002. Premio Buenas Prácticas (ONU). Obtido no IV Concurso Internacional de Boas Prácticas das Nacións Unidas pola planificación da protección e rehabilitación da Cidade Histórica de Compostela.
- 2003. Premio Archival. Concedido pola Asociación para la recuperación de los centros históricos de España (Archival) por ser referente de rehabilitación de conxuntos históricos para outras cidades e saber encamiñar os seus procesos de recuperación para conseguir unha cidade máis habitable, con mellor oferta de servizos e de indiscutible calidade de vida.
- 2003. Medalla do Eixo Atlántico. Concedida polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, polo seu traballo de recuperación e preservación do seu patrimonio histórico-monumental.
- 2003. Premio Manuel de la Dehesa (VII Bienal de Arquitectura Española). Ao arquitecto Víctor López Cotelo (Madrid, 1948) pola conversión da antiga vaquería de Carmen de Abaixo nun grupo de 21 vivendas. Actuación de iniciativa privada.
- 2004. Premio Príncipe de Asturias á Concordia ao Camiño de Santiago como lugar de peregrinación e de encontro entre persoas e pobos que, a través dos séculos, se converteu en símbolo de fraternidade e vertebrador da conciencia común europea.
- 2005. Primeiro Premio Cidade Patrimonio da Humanidade 2005. Concedido polo Ministerio de Cultura á cidade de Santiago pola súa labor constante na conservación e rehabilitación do casco histórico.
- 2006. Premio ISR 2006. O Concello de Santiago recibiu o premio que outorga o Instituto para a Sostibilidade de Recursos (ISR) e que recoñece aos "Municipios e Entidades Locais que conseguiron os mellores resultados en relación cos criterios de sostibilidade para as cidades" polo seu compromiso cos catro pilares da sostibilidade: económico, social, ambiental e cultural.
- 2006. Premio Bandeira Verde-Cidade Sostible. Concedido pola Federación de Usuarios e Consumidores Independentes e apoiado polo Ministerio de Medio Ambiente a través da Fundación Biodiversidade, este galardón recoñece o labor dos municipios españois que de maneira eficiente camiñan coas súas actuacións cara a sostibilidade.
- 2007. Premio Reina Sofía de Accesibilidade Universal 2006. O Concello recibiu o premio que concede o Real Patronato sobre Discapacidade e que recoñece o labor realizado en Compostela no eido da accesibilidade entre os municipios de máis de 100.000 habitantes.
- 2007. Premio ao Mellor Destino Turístico Internacional 2007. Otourgado en Brasil pola revista "Brasil Travel" e a Associaçao Brasileira de Agências de Viagens.
- 2007. Premio ARQAno ao fomento da Arquitectura. Outorgado polos Colexios Oficiais de Arquitectos do noroeste de España. Santiago foi premiada "pola súa continua e atenta xestión urbanística que incorpora a arquitectura coma un dos seus piares fundamentais".
- 2008. Premio Europeo Philippe Rotthier 2008. Concedido pola Fundación para a Arquitectura en recoñecemento á Mellor Calidade de Ampliación da Cidade nos últimos 25 anos. O galardón valora a calidade do crecemento do polígono das Fontiñas.
- 2010. Premio Cidades Patrimonio da Humanidade 2010. Convocado polo Ministerio de Cultura e outorgado á Oficina da Cidade Histórica e de Rehabilitación de Santiago de Compostela (OCiHR) pola súa actuación no casco histórico. O recoñecemento exemplificouse a través de trece intervencións.
Outras condecoracións
- Capital da Comunidade Autónoma de Galicia
- Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Santiago de Compostela forma parte do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, fundado en 1993 co obxecto de actuar conxuntamente na defensa do Patrimonio histórico e cultural das cidades declaradas Patrimonio da Humanidade realizando proxectos e propostas comúns para ser presentadas ante as administracións españolas e institucións europeas.
Inicialmente formado por seis cidades (Ávila, Cáceres, Salamanca, Santiago de Compostela, Segovia e Toledo), foron incorporándose novos membros, de forma que na actualidade o Grupo está integrado polos municipios: Alcalá de Henares, Ávila, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona e Toledo. - Cidade de Congresos (membro da Spain Bureau Convention)
- Membro da Rede Cidades que Danzan (CQD), rede internacional de festivais de danza en paisaxes urbanas, integrada por Barcelona, Lisboa, Dro-Trento, Bolonia, La Habana, Getafe, Marsella, Ravenna, Bucaramanga (Bogotá), Londres, Bos Aires e Santiago de Compostela.
- Integrante da Asociación Internacional de Cidades Educadoras
- Destino integrado no Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED)
- Membro da Rede de Cidades pola Bicicleta
- Integrante da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico
- Cidade parte do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular
- Membro da Rede de Cidades Europeas Transfronteirizas e Interrexionais (CECICN)
- Cidade adherida á Carta de Cidades e Vilas Europeas cara a Sustentabilidade (Aalborg)