Actividades formativas para colectivos xuvenís do medio rural

Descrición

O Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago pon á disposición dos colectivos asociativos da cidade unha serie de recursos formativos cos que ampliar e mellorar a preparación dos membros das asociacións xuvenís. Ademais, á vez que supoñen unha proposta de formación continua, cumpren a función de dinamizar a mocidade das parroquias do rural de Compostela, normalmente lonxe de ofertas formativas deste tipo.

Esta primeira andaina de cursos contemplan accións encamiñadas aos primeiros auxilios, á educación sexual, á información xuvenil, á busca do emprego, á orientación académica, ao programa Xuventude da Unión Europea, entre outras.

Obxectivos
Realizar nas distintas asociacións xuvenís, sobre todo nas da zona rural do concello, unha campaña de actividades formativas para os seus asociados e para os mozos/as en xeral.
Dotar os responsábeis e membros dos colectivos da formación necesaria para actuaren como mediadores diante da mocidade da súa parroquia.
Potenciar a actuación dos diferentes colectivos xuvenís, ofrecendo un paquete de actividades.
Achegar aos membros das asociacións xuvenís da cidade unha información básica sobre os diferentes recursos que Compostela ten para mozos e mozas.

Contidos
Talleres e cursos de educación afectivo-sexual
Iniciación aos primeiros auxilios
Programas da Unión Europea
Información laboral e autoemprego
Orientación académica
Drogodependencias
Dirixir unha asociación: recursos e subvencións para asociacións xuvenís
Etnografía e Antropoloxía
Educación Ambiental
Outras iniciativas a petición dos colectivos interesados

Metodoloxía
Talleres dirixidos ás asociacións xuvenís onde se lles dará aos participantes unha información básica para ir profundizando posteriormente, se é do seu interese. Tamén se incluirán diferentes recursos audiovisuais como apoio ás sesións, análise de casos, etc. Todos os recursos humanos e técnicos serán por conta do Departamento de Educación e Mocidade.

Inscrición
Forma de inscrición: mediante o impreso correspondente.
Enviar por fax ou correo electrónico.
Información: Departamento de Educación e Mocidade
Tfno.: 981 554 400 / 554 401. Fax: 981 571 511

Solicítase en

Mocidade
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16
Tel.: 981 542 457
Correo: Contactar co Concello
Web: https://www.facebook.com/pages/Conceller%C3%ADa-de-Xuventude-de-Santiago-de-Compostela/151484694905798
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.


Compartir: