ALCALDÍA

Sánchez Bugallo propón o traslado do mercado dos xoves á rúa de Roma como unha das fórmulas para activar Área Central

31/07/2020

Recuperando un tema abordado no Pleno ordinario deste xoves, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mostrou a dispoñibilidade municipal a estudar acción de apoio a Área Central. Entre esas posibles accións citou a posibilidade de trasladar o mercado dos xoves á rúa de Roma. Pero en calquera caso e en referencia a outro tipo de apoios e á consideración da titularidade privada do espazo, indicou que "non se poden xerar agravios comparativos nin escenarios discriminatorios" con outros espazos da cidade.

Leer más

MEDIO RURAL E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Remata o "Verán no rural"

31/07/2020

Este venres remataron as actividades do programa Verán no rural, que se desenvolveron durante este mes de xullo en seis centros socioculturais do rural. A proposta estaba dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos, que durante estas semanas puideron desfrutar, dun xeito seguro, de múltiples actividades ao aire libre, como obradoiros, camiñadas ou xogos de auga.

Leer más

ALCALDÍA

Bonos de estacionamento gratuíto para reactivar o comercio compostelán

30/07/2020

Este xoves, o salón verde do consistorio acolleu a sinatura dos convenios de colaboración entre o Concello e as catro principais asociacións de comerciantes da cidade para o desenvolvemento dun programa de reactivación das compras mediante a entrega de bonos de estacionamento. Esta medida enmárcase no Plan Municipal de Reactivación Económica, posto en marcha para paliar os efectos económicos adversos derivados da crise sanitaria da Covid-19.

Leer más

PATRIMONIO

A retransmisión en directo dos eventos da Noite do Patrimonio ampliará a proxección internacional das Cidades Patrimonio

30/07/2020

A Noite do Patrimonio volverá celebrarse o sábado 12 de setembro de forma simultánea nas 15 Cidades Patrimonio da Humanidade de España e todos os eventos e espectáculos do Festival Escena Patrimonio retransmitiranse en directo a través da nova páxina web do Grupo, así como dende a páxina web da Unesco. Así se anunciou na xuntanza telemática dos representantes de Cultura do Grupo, na que participou a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón.

Leer más

PLENO

Aprobado pola Corporación o estudo de detalle para a mellora da accesibilidade ao grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola

30/07/2020

O Pleno da Corporación aprobou definitivamente e por unanimidade o estudo detalle para a dotación da accesibilidade ao grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola, mediante a instalación de ascensores e a mellora da envolvente dos mesmos. Ademais, grazas a unha ordenanza, a veciñanza poderá acceder a unha convocatoria de axudas para a rehabilitación das súas vivendas.

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía ofrece un concerto na Quintana baixo o título "Feliz aniversario, Beethoven!"

29/07/2020

A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis nas celebracións das festas do Apóstolo. O concerto terá lugar mañá xoves na praza da Quintana, ás 20:30 horas. Pola mañá, ás 12:00 horas, o público poderá asistir ao ensaio xeral. Tanto para o concerto como para o ensaio é preciso acceder con convite -xa están todos esgotados-, posto que o aforo redúcese a 400 persoas para poder manter as distancias de seguridade. Os/as asistentes deberán acudir con máscara. Os/as...

Leer más

FESTAS, MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

O Concello prega evitar aglomeracións nos fogos fin de festa, visibles dende diversos puntos da cidade

29/07/2020

Os fogos fin de festa deste venres, de 5 minutos de duración, serán visibles dende todos os puntos altos da cidade (miradoiro das Cancelas, Almáciga, Monte de Deus, Pedroso, etc), polo que o Concello prega á cidadanía que evite as aglomeracións e que respecte as normas de seguridade relativas á separación interpersoal e uso de máscaras. A contorna do campus sufrirá restricións polo que se recomenda elixir outras áreas da cidade para desfrutar do espectáculo.

Leer más
Compartir: