COMERCIO
O Mercado da Estrela reivindica o espírito de comunidade e o desfrute dun Nadal con identidade compostelá
A Feira Creativa de Agasallos celebrarase no mosteiro de San Martiño Pinario e no 2º andar do Centro Obra Social Abanca na Praza de Cervantes cunha nova zona infantil con xogos xigantes, obradoiros e gardería-ludoteca para a cativada e visitas guiadas ao espazo patrimonial. A programación musical e a oferta gastronómica dividirase entre a praza 8 de marzo e a pista cuberta do Centro Don Bosco coa novidade dun karaoke navideño.
ALCALDÍA
O Concello e o sector hostaleiro retoman a campaña "Fala baixiño" para concienciar sobre o necesario equilibrio entre o lecer e o descanso
O Concello de Santiago, en colaboración coas principais asociacións do sector hostaleiro, pon en marcha de novo unha campaña para mitigar os ruídos que se producen na rúa e favorecer o descanso da veciñanza. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada por Serxio Fernández, de Hostalaria.Gal; por Jesús Peón, da Asociación Hostelería Compostela; e por Lucía Vázquez, da Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela, presentou hoxe a iniciativa, que leva por lema...
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Valencia o 29 de novembro, vítima de violencia machista.
XUVENTUDE
O programa Teatro Foro volve a catro institutos de Santiago para abordar a resolución de conflictos a través do teatro
Un total de 170 alumnos e alumnas de catro institutos de Santiago participan nunha nova edición do programa Teatro Foro, organizado desde a concellaría de Xuventude. A primeira representación será o próximo 5 de decembro, no IES das Fontiñas.