XUVENTUDE

As bandas do Centro Xove da Almáciga mostran o seu talento no III Festival Lanzadeira

30/09/2024

O Festival Lanzadeira celebrará a súa terceira edición o próximo 5 de outubro, para seguir promocionando o talento das bandas que utilizan os locais de ensaio do Centro Xove da Almáciga. Desta vez, ao escenario subirán catro grupos de Santiago: Jaco, Ulex, Musgo 981 e Killo Karallo. A eles sumarase, como novidade, unha formación convidada chegada dos locais de ensaio de Pontevedra: Mamasunción.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba o proxecto para a rehabilitación do Pazo de Raxoi e dá luz verde a actuacións no rural por máis de 500.000 euros

30/09/2024

O executivo municipal deu luz verde ao proxecto de rehabilitación para a adecuación do Pazo de Raxoi co obxectivo de realizar visitas turísticas de carácter histórico, arquitectónico e artístico, que contará cun orzamento base de licitación de 3.925.061,75 euros con IVE, financiado co apoio dos fondos Next Generation EU e cun prazo de execución previsto de 12 meses. Tamén se adxudicaron tres novas obras na zona rural, por un importe total de 576.814,93 euros ao abeiro do plan único de concellos POS+ Adicional...

Leer más

CAPITAL CULTURAL

Curtocircuíto celebra a súa vixésimo primeira edición cun programa dedicado á temática mariña e marcado pola igualdade e a representación internacional

30/09/2024

28 dos 42 títulos programados nas tres secciones competitivas contan cunha muller na dirección, máis do 66 % do total. Catro das oito seccións de cinema están dedicadas ao cinema galego. A Residencia Artística acolle a fotógrafa Rocío Madrid. A sección oficial COSMOS conta cun xurado internacional de corte interdisciplinar que abarca desde a antropoloxía á programación cinematográfica. ‘Curtocircuíto x Cineclube de Compostela: Equipo 64’ recupera o patrimonio cinematográfico amador galego....

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Luz verde ás axudas no ámbito cultural para as asociacións e para actividades do sector profesional

30/09/2024

A Xunta de Goberno Local deu hoxe o visto e prace á proposta de concesión de subvencións a asociacións culturais por un importe total de 24.146,74 euros e das axudas para actividades culturais do sector profesional, por 250.000 euros. O executivo municipal tamén deu luz verde a pasada semana á proposta de resolución para a concesión de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, bisexual, transexual, intersexual e queer...

Leer más

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

O Concello destina 400.000 euros á convocatoria de subvencións para proxectos de cooperación ao desenvolvemento

27/09/2024

O Concello de Santiago destinará 400.000 euros a subvencións a organizacións non gobernamentais de desenvolvemento para a realización de proxectos de cooperación en países empobrecidos. É a contía máis alta desde que se creou esta liña de axudas, en 2017, e supón un aumento do 138% con respecto á anterior convocatoria de 2022. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, incidiu en que "estas bases son o reflexo do compromiso do Goberno...

Leer más

CAPITAL CULTURAL

Novas oportunidades para percorrer Compostela e a súa memoria cos Roteiros Patrimonio C

27/09/2024

De outubro a decembro, Compostela Cultura programa tres novas rutas guiadas de balde para afondar na paisaxe urbana de Santiago, na súa historia e na das persoas que a poboaron. Os paseos desenvolveranse os xoves a partir das 19.00 horas e terán unha duración aproximada de 90 minutos. O formulario de inscrición estará dispoñible o luns, 30 de setembro, ás 12.00 horas, na web de Compostela Cultura.

Leer más
Compartir: