XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios e concede a licenza de obras do antigo Hospital de Galeras

29/04/2024

A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de 379.438,39 euros e un prazo de execución previsto é de dous meses. O executivo tamén acordou á adxudicación do contrato da dirección facultativa das obras do Proxecto para a rehabilitación integral do pavillón municipal de Vite" por un importe de 43.318 euros e para as obras da senda peonil Rúa das Estrelas por 123.820 euros, así como a concesión da...

XUNTA DE GOBERNO

Luz verde ao expediente de contratación da xestión do servizo do Programa de Conciliación de Verán

29/04/2024

A Xunta de Goberno deu luz verde ao expediente de contratación da xestión do servizo do Programación de Conciliación de Verán cun orzamento base de licitación de 120.848,75 euros. O executivo local tamén aprobou hoxe o prezo público para a Festa dos Maiores: 10 euros por persoa usuaria, e a adxudicación da organización deste evento á empresa CASA TABOADA SC por un importe total de 90.420 euros para os anos 2024 e 2025.

CAPITAL CULTURAL

O Festival Plataforma chega á súa quinta edición levando as artes vivas a todos os recunchos de Compostela

29/04/2024

O xoves 16 de maio da comezo a programación da V edición de Plataforma Festival de artes performativas en Santiago de Compostela. O músico Benxamín Otero en colaboración coa Coro da Ra son os encargados de abrir o festival ás 20.00 horas na Praza das Praterías de Santiago de Compostela. Neves Seara, Grace Schwindt, Mónica Valenciano, Nuria Vil, María Jerez, Nuria Sotelo e Luz Arcas, Juan Domínguez, Vasco Araújo, Russ e Ana Gesto completan o cartel desta edición que foi presentada esta mañá no...

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Máis prazas e máis actividades nos Clubs de Verán para a cativada dos Centros Socioculturais

29/04/2024

A Concellaría de Centros Socioculturais pón en marcha os seus Clubs de Verán, que se desenvolverán no mes de xullo en 15 equipamentos da rede, 8 deles na zona urbana e 7 no rural. En total, ofértanse 425 prazas para nenos e nenas desde os tres ata os 18 anos, dependendo do centro e da actividade. O medio ambiente, as novas tecnoloxías, e a interculturalidade serán algunhas das temáticas sobre as que se traballe no marco deste programa. O prazo de preinscrición abre o 3 de maio.

ALCALDÍA

O Concello impón unha sanción por incumprimentos do contrato á empresa que presta o servizo de recollida de residuos e limpeza viaria

26/04/2024

A alcaldesa deu conta en rolda de prensa da resolución do procedemento de sanción á empresa adxudicataria do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria do Concello de Santiago debido a unha serie de incumprimentos no contrato. Na rolda de prensa, Goretti Sanmartín tamén anunciou a data da xuntanza cos representantes da Xunta sobre o novo aparcadoiro do complexo hospitalario para o vindeiro xoves 2 de maio ás 16:30 horas.

VIVENDA

Constitúese a Comisión Especial para crear unha empresa municipal de vivenda

26/04/2024

O Pazo de Raxoi acolleu esta maña a sesión constitutiva da Comisión especial que traballará na posta en marcha dunha empresa municipal no ámbito da vivenda. Esta sociedade mercantil, que contará con capital integramente municipal, pretende contribuír á mellora das condicións de acceso á vivenda e á rehabilitación e recuperación do patrimonio inmobiliario compostelán.

EMPREGO

O Concello e a UPTA explorarán vías de colaboración para apoiar as traballadoras autónomas

26/04/2024

O Concello de Santiago e a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Galicia estudarán posibles vías de colaboración para apoiar e mellorar o asesoramento a este colectivo en Compostela. Así se acordou na reunión que a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a tenenta de alcaldesa e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, mantiveron co presidente da UPTA, Eduardo Abad.

CIDADES PATRIMONIO

O presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, Luis Yeray Gutiérrez, asina no Libro de Honra do Concello

26/04/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e varios membros da Corporación municipal recibiron esta mañá no Pazo de Raxoi a Luis Yeray Gutiérrez, alcalde de San Cristóbal de La Laguna e actual presidente do GCPHE, que asinou no Libro de Honra do Concello. Ambos rexedores manterán esta tarde unha xuntanza preparatoria o traspaso da presidencia do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade que asumirá Compostela a partir do próximo 1 de xullo.

CAPITAL CULTURAL

O cantar colectivo do ‘Grândola, Vila Morena’ ateiga a praza da Música en Compostela

25/04/2024

Máis de mil persoas responderon ao chamamento que o Auditorio de Galicia fixo á cidadanía para participar nun canto popular da composición de Zeca Afonso que se erixiu en himno da liberdade. A iniciativa encádrase nas actividades organizadas polo Concello de Santiago en conmemoración do 50 aniversario da Revolução dos Cravos.

Compartir: