EDUCACIÓN

Programa Municipal de conciliación de verán 2023

12/05/2023

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou os prazos de solicitude e o procedemento de admisión do "Programa municipal de conciliación de verán 2023", destinado á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago, que se vai desenvolver nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes entre o 22 de xuño e o 8 de setembro, ambos incluídos. O prazo de inscrición establécese entre o 15 e o 22 de maio.

Leer más

FESTAS

Mañá arranca a IV edición da Festa do Banquete de Conxo con actividades dirixidas aos máis novos e os tradicionais Cantos de Taberna

11/05/2023

As celebracións da IV edición da Festa do Banquete darán comezo mañá coa representación teatral do Pequeno Banquete, no que participará o alumnado do CEIP Quiroga Palacios, e o concerto de Fillas de Cassandra, que gravarán un videoclip co alumando presente na carballeira de Conxo. Pola tarde terán lugar os obradoiros de baile tradicional e de Cantos de Taberna co posterior percorrido polos bares do barrio para interpretar as diferentes pezas. O día grande das festas será o domingo 14 de maio, cunha romaría...

Leer más

MEDIO AMBIENTE

O Concello de Santiago e a Deputación da Coruña asinan o convenio para o primeiro tramo das obras da Vía Verde en Compostela

11/05/2023

Este novo tramo forma parte da Vía Verde Santiago-Tambre-Lengüelle, que engadirá 10 quilómetros aos 26 quilómetros actuais da Vía Verde en Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda e aos 30 quilómetros das sendas existentes en Compostela polas beiras do Sar e do Sarela. Esta primeira fase conta cun orzamento de algo máis de 826.756 euros, dos que a entidade provincial achega arredor de 527.959 euros o Concello de Santiago os 298.787 euros restantes.

Leer más

MEDIO RURAL

Comeza a campaña de roza, á que se destinan case 800.000 euros

10/05/2023

Esta semana comezou a campaña de roza que leva a cabo a concellaría de Medio Rural, que foi consensuada coa Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago (FERUSA). A prestación deste servizo ten por obxecto, ademais de previr incenios, mellorar as condicións de acceso aos núcleos de poboación. Os traballos empezaron en Figueiras e Villestro, para despois trasladarse a Laraño.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

AGAPI presenta o Estudo cualitativo ‘2022, Ano de cambios no audiovisual galego’, realizado co apoio do Concello de Santiago

09/05/2023

AGAPI (Asociación Galega de Produtores Independentes) presentou hoxe a a edición dixital do Estudo cualitativo ‘2022, Ano de cambios no audiovisual galego’, que recolle unha serie de reportaxes sobre as produtoras galegas independentes para entender o estado actual do noso audiovisual. Na rolda de prensa estiveron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o presidente e a xerente da entidade, Felipe Lage e Uxía Caride.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

A IV edición de Plataforma arranca para achegar a cultura e as artes a todos os rincóns de Santiago

08/05/2023

O Festival ofrecerá entre o 7 e o 15 de xuño, un amplo abanico propostas multidisciplinares entre as que destacan Olga Mesa, Cristina Balboa, Catarina Silva, Marc Vives, Mery Pais, Hugo Torres, Verónica Ruth Frías, Olga Cameselle e Alfredo Rodríguez, Federico Vladimir e Pablo Lilienfeld. O xoves 8 de xuño, Antón Reixa abrirá a cuarta edición de Plataforma cunha performance en colaboración coa Banda Municipal de Música de Santiago.

Leer más
Compartir: