DEPORTES

Aberto ata o 11 de xullo o prazo de solicitude de utilización das instalacións deportivas municipais

20/06/2022

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, anunciou hoxe en rolda de prensa a apertura do prazo de solicitude para realizar adestramentos e outras actividades físicas nas instalacións deportivas municipais, despois de que a Xunta de Goberno Local aprobara as bases que regulan o seu durante a tempada 2022-2023. A presentación de solicitudes para actividades extraescolares vinculadas aos centros de ensino estará aberta ata o 15 de setembro.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

A concelleira Mila Castro abre as xornadas sobre interpretación educativa e coñecemento da árbore

20/06/2022

Esta mañá deu comezo o "Curso de interpretación educativa e coñecemento da árbore", organizado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e que se desenvolverá desde hoxe e ata o xoves 23 de xuño no edificio CERSIA. No acto de apertura participaron a concelleira da Medio Ambiente, Mila Castro e o xefe de Área da "Subdirección General de Política Forestal" do MITECO, Gregorio Chamorro.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno da luz verde á contratación temporal de 20 persoas desempregadas

20/06/2022

O Concello de Santiago contratará, durante nove meses, a 20 persoas desempregadas, segundo se acordou hoxe en Xunta de Goberno. Un encontro no que tamén se deu conta da aportación da Xunta para a capitalidade, que é de 2.392.425 euros; e no que se aprobou o procedemento de concesión de subvencións á rehabilitación ao abeiro do Plan Estatal de Vivenda 2013-2016 correspondentes ás Fases 1 da área de rexeneración e renovación urbana do barrio de Vite. A esta convocatoria destinaranse 298.264.96 euros. Dos acordos...

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello súmase ao Día Internacional das Persoas Refuxiadas cunha campaña de sensibilización e un concerto da Banda Municipal

17/06/2022

Cada ano, o 20 de xuño conmemórase o Día Mundial da Persoa Refuxiada co propósito de dar visibilidade á difícil situación de aqueles que foxen dos conflitos ou das persecucións, e poñer o foco nos dereitos, as necesidades e os soños destas persoas. Este ano, o Concello colabora a través dunha campaña que pretende dar visibilidade aos artigos da Declaración dos Dereitos Humanos que garanten a protección das persoas refuxiadas.

Leer más

PLENO

O Pleno aproba por unanimidade o reparto dos fondos do remanente de tesourería dedicados a axudas

17/06/2022

Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada este venres, a Corporación municipal aprobou por unanimidade o reparto do remanente do ano pasado destinado a axudas. Un importe total de 3.375.000 euros destinado ao fomento da economía circular e social, ao sector cultural ou ao comercio local con iniciativas como os Bonos Corazón. Tamén se deu luz verde a unha partida extra por valor de 300.000 euros como fondo de reserva para o Biopolo da Sionlla

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Aberta a nova área de xogos infantís do parque Alfredo Vicenti

17/06/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, e doutros concelleiros e concelleiras da Corporación municipal, inaugurou esta tarde a nova área de xogos infantís do parque Alfredo Vicenti, en Lamas de Abade, na que se investiron preto de 78.000 euros.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O Festival Atlántica celebra dez anos consolidándose como un referente dos encontros de narración oral nacionais e lusófonos

16/06/2022

Entre o 30 de xuño e o 9 de xullo, Atlántica levará os contos de 42 artistas a 24 concellos repartidos polas catro provincias galegas. Será un total de 94 funcións de narradores de Colombia, Brasil, Arxentina, Portugal, Marrocos, Zamora, País Vasco, Valencia e Galicia. O Festival inaugurará oficialmente a súa décima edición cun encontro de dous grandes da narración oral galega, Paula Carballeira e Quico Cadaval, no parque de Bonaval de Santiago, espazo que acollerá outras funcións para diferentes tipos...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

AGAPI presenta un novo estudo sobre a produción audiovisual independiente galega a nivel internacional

16/06/2022

AGAPI (Asociación Galega de Produtores Independentes) presentou hoxe a publicación 'Consolidación da produción audiovisual independente galega como marca de éxito internacional', que recolle entrevistas en profundidade con responsables da produción independente galega. Na rolda de prensa estiveron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o presidente e a xerente da entidade, Felipe Lage e Uxía Caride.

Leer más
Compartir: