PROMOCIÓN ECONÓMICA

O 7º Encontro Emprendedor centrarase nas alternativas comunitarias de vivenda na vellez

17/08/2023

O ciclo de Encontros Emprendedores continúan no verán, desta volta cunha sesión sobre "As alternativas arredor da vivenda para un xubilar activo, participativo e autoxestionado" que terá lugar o vindeiro martes 22 de agosto, entre as 11 e as 13 horas no Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). A inscrición é gratuita e aberta a todas as persoas interesadas.

Leer más

ALCALDÍA

Xuntanza do goberno coa asociación Hostalaria.gal

11/08/2023

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada pola concelleira de Promoción Económica e Comercio, María Rozas, e pola concelleira de Promoción da Cidade e Turismo, Míriam Louzao, mantivo unha xuntanza cos representantes da asociación Hostalaria.gal Lois Lópes, Sergio Fernández e Julio Nogueruela.

Leer más

MOBILIDADE

O Concello reiniciará a licitación do transporte público atendendo aos informes técnicos municipais

09/08/2023

O Concello terá que reiniciar o procedemento de licitación do servizo do transporte público, porque así o recomendan os informes técnicos solicitados nas últimas semanas. Anunciárono hoxe a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, que recoñeceron que "esta non era a decisión que nos gustaría adoptar porque suporá demorar o contrato, pero o Goberno fíxase xa o obxectivo de aproveitar a oportunidade para introducir algunhas melloras nos pregos, dentro da marxe que nos...

Leer más
Compartir: