CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa nova temporada, 'Migracións'

21/06/2023

A Real Filharmonía de Galicia presentou este mércores a súa nova temporada, que levará por título 'Migracións' nun acto no que participaron a alcaldesa e presidenta do Consorcio de Santiago, Goretti Sanmartín e a concelleira de Capital Cultural, Miriam Louzao. O apoio aos novos talentos será un dos eixos da programación 2023-2024, a primeira con Baldur Brönnimann como director artístico e titular.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello e a USC crearán un protocolo de colaboración para mellorar a integración da comunidade universitaria na cidade

20/06/2023

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, mantivo esta mañá unha primeira reunión institucional co reitor da USC, Antonio López, tras a que anunciaron a elaboración dun protocolo de colaboración entre o Concello e a USC co obxectivo de favorecer a integración do estudantado na cidade e definir o uso das infraestruturas de ambas institucións que marcará "unha folla de ruta" para os vindeiros anos.

Leer más

ALCALDÍA

Bota a andar o novo executivo municipal co reparto de áreas e a primeira reunión da Xunta de Goberno local

19/06/2023

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, deron conta en rolda de prensa do reparto de competencias do executivo local, configurado co obxectivo de formar un "goberno unido, cohesionado e forte" que "responda ás necesidades da cidade, sempre coas portas abertas á veciñanza, ás asociacións e en colaboración con outras institucións". Ás 13:00 horas tivo lugar a primeira reunión da Xunta de Goberno local.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O programa Vive o verán 2023 oferta 3.000 prazas para actividades como música ao vivo, danza, roteiros ou obradoiros artísticos para todos os públicos

16/06/2023

A vindeira semana arrancan as actividades do programa "Vive o verán 2023", organizado pola Rede de Centros Socioculturais, que oferta nos meses de xuño, xullo e setembro arredor de 3.000 prazas para 42 actividades culturais e de ocio de balde, repartidas en 100 sesións en diferentes localizacións e horarios. O programa arrancará a vindeira semana cos roteiros dedicados á recollida das Herbas de San Xoán.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello súmase ao Día Internacional das Persoas Refuxiadas cunha campaña de sensibilización e un concerto da Banda Municipal

16/06/2023

Cada ano, o 20 de xuño conmemórase o Día Mundial da Persoas Refuxiadas co propósito de dar visibilidade á difícil situación de aqueles que foxen dos conflitos ou das persecucións, e poñer o foco nos dereitos, as necesidades e os soños destas persoas. Este ano, o Concello colabora a través dunha campaña que pretende dar visibilidade aos artigos da Declaración dos Dereitos Humanos que garanten a protección das persoas refuxiadas.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

O Concello promove a reciclaxe coa iniciativa 'Que ben que vén!'

15/06/2023

'Que ben que vén' é unha acción de rúa promovida polo Concello de Santiago para concienciar á cidadanía sobre a reciclaxe e a xestión de residuos especiais. Este punto de información aos viandantes estará instalado na rúa Virxe da Cerca durante toda a xornada de mañá.

Leer más
Compartir: