CAPITAL CULTURAL

Cutocircuíto celebra o seu vixésimo aniversario con máis de 50% de películas dirixidas por mulleres nas súas competicións

26/09/2023

A nova edición do Festival Internacional de Cinema, que terá lugar entre o 3 e o 8 de outubro, conta con estreas internacionais, espectáculos audiovisuais e actividades especiais a cargo de referentes das artes e o pensamento como Ramón Andrés ou María Sánchez. O fotógrafo Antoine D´Agata chegará a Curtocircuíto para falar da súa obra cinematográfica nun encontro co público. Elena Martín Gimeno, directora de Creatura, completa un cartel no que a maioría das sesións especiais...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno dá luz verde a actuacións no rural por máis de 300.000 euros e concede a licenza para a rehabilitación do CEGADI

25/09/2023

A Xunta de Goberno local deu o visto bo á participación do Concello na segunda fase do POS da Deputación da Coruña, que suporá o investimento de máis 326.000 euros nas parroquias de Laraño, Bando e Enfesta. O executivo tamén aprobou os proxectos das obras de mellora da accesibilidade no cruzamento entre as rúas Xeneral Pardiñas e República do Salvador e de construción dun aparcadoiro na rúa Santa Comba, así como o inicio do expediente para a contratación das obras de reurbanización...

Leer más

SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL

O Concello de Santiago inicia unha segunda fase para a recollida selectiva na hostalaría

25/09/2023

O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, anunciou a posta en marcha da segunda fase de recollida selectiva de residuos para a hostalaría na cidade histórica, tras o encontro que mantivo cos representantes do sector. Nesta nova fase, que se encadra no proxecto Santiago Sostible, vai destinada a implicar a totalidade de locais na separación de residuos en orixe e no cumprimento dos horarios de depósito. Na rolda de prensa estiveron tamén Lois Lopes, de Hostalaría.gal; Martín Pais, da Asociación de Bares e...

Leer más

DEPORTES

Santiago acollerá a XXXVI edición da Copa Galicia Sénior Feminina de baloncesto esta fin de semana

25/09/2023

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou en rolda de prensa a XXXVI edición da Copa Galicia Sénior Feminina que se celebrará no pavillón de Santa Isabel do venres 29 de setembro ao domingo 1 de outubro. Con ela estiveron Julio Bernárdez, presidente da Federación Galega de Baloncesto; Belia Méndez Rial, subdirectora xeral de Plan e programas da Secretaria Xeral para o Deporte; e Kiko Montero, en representación de Rosalía _ Fedesa. Tamén asistiron á presentación do evento o reitor da USC, Antonio...

Leer más

COMERCIO

O Concello recibe dous millóns de euros de fondos europeos para modernizar o comercio e mellorar a Praza de Abastos

22/09/2023

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo vén de comunicarlle ao Concello a concesión dunha subvención de case dous millóns de euros para o proxecto COMMARKET Santiago, co que a concellería de Promoción Económica pretende dinamizar a oferta comercial de Compostela e mellorar a Praza de Abastos. A concelleira María Rozas deu conta hoxe das actuacións incluídas neste programa, que se desenvolverá ata mediados de 2024 e para o que o Concello achegará medio millón de euros de fondos propios....

Leer más

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

O PMUS e a licitación do transporte público protagonizan a reunión do plenario do Pacto Local pola Mobilidade

22/09/2023

O edificio Cersia de San Lázaro acolleu esta tarde a reunión do plenario do Pacto Local pola Mobilidade, a primeira deste órgano desde 2018. Na xuntanza, presidida pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, o concelleiro de Mobilidade deu conta do estado no que se atopan tanto a elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible como a licitación do servizo de transporte público. Xan Duro fixo un chamamento ao conxunto da Corporación municipal e a todas as entidades representadas no Pacto "para colaborar e avanzar cara unha mobilidade...

Leer más

LINGUA

O proxecto Youtubeiras convoca a sétima edición dos seus premios baixo o lema ‘Rede aberta, Rede diversa’

21/09/2023

Os galardóns repartirán 7.500 euros entre as persoas gañadoras de oito categorías, incluído o galardón do público. A organización desvela o xurado e o prazo de inscrición remata o próximo 17 de novembro. Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística de Ames, Carballo, O Grove, Moaña, Pontevedra, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, da Deputación da Coruña e da Universidade de Vigo, da Universidade de Santiago de Compostela e da...

Leer más
Compartir: