FESTAS

O Compostela Trad Fest ofrecerá máis de 12 horas de música tradicional da man de 70 artistas

26/07/2022

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a presentación do Compostela TRADFEST 22, promovido por La Voz de Galicia, que se celebrará o domingo 31 de xullo en varios espazos da cidade. A xornada, que incluirá obradoiros, concertos ou bailes, entre outras actividwades, pecharase cos concertos de Sheila Patricia no parque de Bonaval e de Xisco Feijóo na praza da Quintana, que presentará o seu último disco "Peixe".

Leer más

ALCALDÍA

A Familia Real volve a Santiago con motivo do Ano Santo 2022

25/07/2022

O Rei de España, Felipe VI; a Raíña Dona Letizia e as Infantas Leonor, Princesa de Asturias, e Sofía asistiron en Santiago ao tradicional acto da ofrenda ao Apóstolo. A continuación, foron recibidos polo alcalde Xosé Sánchez Bugallo, membros da Corporación municipal e outras autoridades no Pazo de Raxoi, onde asinaron no libro de Ouro da Cidade

Leer más

CIDADES PATRIMONIO

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade participa na Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago xunto aos Reis e as súas fillas

25/07/2022

As súas Maxestades os Reis, acompañados polas súas fillas, a Princesa de Asturias e a Infanta Dona Sofía, foron recibidos na sede do Concello polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, onde asinaron no libro da Cidade e saudaron aos alcaldes e alcaldesas do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade. O presidente do Grupo e alcalde de Salamanca, Carlos García Carbayo, agradece "o apoio da Casa Real ao Grupo" e destaca "a solemnidade da Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago, Patrón de España, nun acto que...

Leer más

ALCALDÍA

Bando do alcalde con motivo do 25 de xullo

25/07/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, publica hoxe un bando con motivo do 25 de xullo, Día do Apóstolo, no que se lembra das "familias que se están vendo en dificultades" debido ás consecuencias da pandemia e da guerra de Ucraína, e fai un chamamento a "traballar conxuntamente" nestes "momentos difíciles".

Leer más

FESTAS

A luz e a cor dos Fogos do Apóstolo tinguiron o ceo compostelán nun espectáculo único

24/07/2022

O espectáculo pirotécnico dos Fogos do Apóstolo, que nesta edición lanzáronse desde cinco localizacións, deixou unha singular e fermosa postal nocturna no ceo compostelán. A variedade de efectos e cores dos fogos artificiais e os diferentes escenarios de fondo lograron que veciños, visitantes e peregrinos puideron desfrutar dun espectáculo singular desde múltiples puntos da cidade.

Leer más

FESTAS

Un ano máis chega o ‘Cinema no parque’ a Compostela

23/07/2022

O parque Eugenio Granell acollerá desde o día 26 ata o 31 de xullo un novo ciclo de cine ao aire libre, cunha dobre sesión diaria para público infantil e adulto. Trátase do segundo ano en que o Concello organiza este cita cultural en colaboración coa Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI).

Leer más

CIDADES PATRIMONIO

Santiago acollerá o vindeiro domingo 24 de xullo unha Asemblea extraordinaria do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España con motivo do Ano Santo 2022

22/07/2022

A Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE), máximo órgano de goberno da entidade, terá lugar en Santiago o vindeiro domingo 24 de xullo. Á reunión, que se celebrará ás 18:00 horas no Salón Nobre do Pazo de Raxoi, asistirán os alcaldes e alcaldesas das 15 cidades membros desta entidade sen ánimo de lucro e declarada de Utilidade Pública, que reúne ás cidades españolas cuxos centros históricos foron inscritos na Lista do Patrimonio Mundial da...

Leer más
Compartir: