FESTAS

O Concello de Santiago festexa o 25 de xullo coa celebración da primeira edición de Alba de Compostela

25/07/2023

Con motivo do día de Santiago, o Concello rendeu homenaxe esta mañá a "persoas e colectivos que desde o abrente ao solpor, cada día, fan que este concello camiñe cara a adiante", como sinalou a alcaldesa no seu discurso. Daniel Lorenzo Santos director da Fundación Catedral de Santiago; os equipos femininos do Hóckey Club Raxoi; Mª Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e directora técnica do Plan Socio-Comunitario de Vite; e Ánxeles González Porto, propietaria do...

Leer más

FESTAS

Recepción no Pazo de Raxoi ao delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo Santiago

25/07/2023

Como cada 25 de xullo, a capital de Galicia acolleu o acto de celebración da Ofrenda ao Apóstolo Santiago, cuxo delegado rexio foi, neste 2023, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Finalizada a cerimonia relixiosa na Catedral, a comitiva oficial foi recibida no Pazo de Raxoi pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e boa parte da Corporación Municipal.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno adxudica as obras para a execución do Centro Integral Para a Inclusión Social (CIPIS) por máis de 800.000 euros

24/07/2023

A Xunta de Goberno local acordou esta mañá adxudicar o contrato das "Obras de execución do proxecto Centro Integral para a Inclusión Social (CIPIS)" á empresa OBRAS GALLAECIA SL, por un importe total e 800.052,00 euros, e o contrato de obras de "Mellora dos accesos á Almáciga: ámbito Pastoriza" á empresa EULOGIO VIÑAL OBRAS Y CONSTRUCCIONES SA, por preto de 298.836,35 €. Tamen se deu luz verde á aprobación da segunda fase do proxecto de "Ampliación da plataforma do viario entre...

Leer más

FESTAS

Os Fogos do Apóstolo encheron de luz e cor a noite compostelá

24/07/2023

O espectáculo pirotécnico das Festas do Apóstolo do 24 de xullo lanzouse de xeito sincronizado desde cinco localizacións, deixando unha fermosa estampa nocturna no ceo compostelán. A variedade de efectos e cores dos fogos artificiais e os diferentes escenarios de fondo lograron que veciñanza e visitantes puideran gozar dun espectáculo singular desde múltiples puntos da cidade.

Leer más

FESTAS

Os Fogos do Apóstolo iluminarán o ceo compostelán as noites do 24 e o 31

21/07/2023

Por cuarto ano consecutivo, o espectáculo pirotécnico das Festas do Apóstolo do 24 de xullo lanzarase de xeito sincronizado desde cinco localizacións co fin de facilitar o seu visionado desde prácticamente todos os puntos de Santiago. Nesta ocasión a empresa adxudicataria do contrato é a catalana Pirotecnia Igual por un importe total de 229.900 euros (IVE incluído).

Leer más

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

Asinados convenios con oito entidades sociais por máis de 200.000 euros

21/07/2023

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais asinou hoxe convenios anuais con oito entidades sociais por un importe total de máis de 200.000 euros. María Rozas loubou o traballo destas asociacións e expresou a vontade do Goberno de manter a colaboración e explorar posibles novas liñas de traballo con elas, "porque son imprescindibles para avanzar cara unha Compostela de maior xustiza social e porque chegan a onde ainda non chegan as administracións públicas na atención á
poboación máis vulnerable".

Leer más

CONSORCIO

Federico García Lorca regresa a Compostela a través dunha mostra pioneira

20/07/2023

O Consorcio de Santiago inaugura a exposición 'Lorca en Compostela', que reúne na Casa do Cabido máis de oitenta documentos e pezas, algún deles nunca exhibidos. Será a primeira vez que se mostren conxuntamente ao público elementos que revelan a fondísima relación do poeta andaluz coa capital, a lingua e a cultura galega.

Leer más

FESTAS

Leilía abre as Festas do Apóstolo cun pregón cheo de música que pon a bailar a toda a praza do Obradoiro

20/07/2023

As integrantes de Leilía, Montse Rivera, Felisa Segade, Merchi Rodríguez, Patricia Segade, Ana Rodríguez e Rosario Rodríguez inauguraron esta nova edición das Festas do Apóstolo desde o balcón do Pazo de Raxoi, ante unha praza da Obradoiro na que se congregaron veciñanza e visitantes. O grupo galego encheu de música a noite compostelá cun pregón no que amosaron o seu amor por Compostela e as súa xentes cunha homenaxe especial a todos os colectivos locais de baile e música tradicional que ateigaron a...

Leer más

FESTAS

As pregoeiras animan a todo o mundo a achegarse á praza do Obradoiro esta noite e "bailar ao son de Leilía"

20/07/2023

Felisa Segade, Montse Rivera e Patricia Segade foron recibidas esta mañá pola alcaldesa e as concelleiras Pilar Lueiro e María Rozas no Pazo de Raxoi. As integrantes de Leilía prometeron para esta noite un pregón "non ao uso", no que non faltará a música nin o baile e reiteraron o chamamento a todas as asociacións folclóricas compostelás para que se acheguen ao Obradoiro a celebrar o arranque das Festas do Apóstolo. "Para nós é unha honra e un orgullo poder dar o pregón da nosa...

Leer más
Compartir: