IGUALDADE

O Concello de Santiago celebra o Día Internacional do Orgullo LGTBI+

28/06/2021

O palco da música da Alameda acolleu esta mañá o acto central de celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI, no que se deu lectura a un manifesto por parte de varias asociacións da cidade. No acto estiveron presentes o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón; asi como membros dos Grupos de Compostela Aberta e BNG.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

Afundación, ABANCA e o Concello de Santiago entregarán durante as vacacións menús a escolares de familias vulnerables

28/06/2021

Afundación, ABANCA e o Concello de Santiago de Compostela poñerán en marcha por segundo ano consecutivo o programa «Cubertos», que proporcionará menús saudables a menores en risco de pobreza ou exclusión social durante as vacacións escolares. Para este fin, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente de Afundación e director xeral de Responsabilidade Social e Sostibilidade de ABANCA, Miguel Ángel Escotet, asinaron esta tarde o convenio de colaboración para o desenvolvemento deste...

Leer más

ALCALDÍA

Nova xuntanza do Consello Económico e Social

28/06/2021

O Consello Económico e Social do Concello de Santiago xuntarase de novo esta tarde, ás 19.00 horas, no edificio CERSIA, para dar conta do estado dos diferentes estudos sobre os que está a traballar.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Adxudicadas as autorizacións de venda ambulante de temporada e dos postos de artesanía

28/06/2021

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, adxudicou hoxe 21 autorizacións de venda ambulante de temporada (16 de postos de recordos e 5 de xeados e castañas); e 17 autorizacións para postos de artesanía na vía pública. O pasado 11 de maio, o executivo municipal aprobou as bases do proceso, ao que se presentaron 41 solicitudes, 3 delas nas dúas modalidades.

Leer más

CIDADES PATRIMONIO

O Grupo de Cidades Patrimonio acorda por unanimidade galardoar a Fundación Catedral pola restauración e rehabilitación do conxunto histórico-monumental da Catedral de Santiago de Compostela

26/06/2021

Na Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio celebrada en Mérida, aprobouse por unanimidade a proposta do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, de conceder o Premio Cidades Patrimonio á Fundación Catedral polas obras de restauración e rehabilitación da basílica compostelá, entre outros asuntos.

Leer más

MOCIDADE

Ábrese o prazo para inscribirse en Compostela Natural e no roteiro polas marxes do Sarela e o Monte Pedroso, dous obradoiros gratuitos destinados á mocidade

25/06/2021

O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, presentou hoxe dúas actividades dirixidas á xuventude de entre 15 e 35 anos: "Compostela Natural", e un roteiro medioambiental polas marxes do Sarela e o Monte Pedroso. Son gratuitas e teñen como obxectivo dar a coñecer e difundir o patrimonio natural, etnolóxico e cultural de distintos parques e espazos emblemáticos de Compostela. Estes dous obradoiros están organizados polo concello de Santiago, en colaboración con Ribeirán Proxectos Naturais e con Garatuxa Tempolibre.

Leer más
Compartir: