ACCIÓN CULTURAL

A Real Filharmonía de Galicia presenta a nova temporada 2019-2020 co lema "En movemento"

25/06/2019

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou esta mañá a nova temporada de abono 2019-2020 na súa sede, o Auditorio de Galicia, que celebra o seu 30 aniversario. Asistiron o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o director titular e artístico da orquestra, Paul Daniel; a directora técnica da RFG, Sabela García Fonte; xunto ao director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López.

Leer más

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

O Proxecto Youtubeir@s celebra este venres en Santiago o encontro 'Lista de reprodución ao vivo' entre a comunidade creadora dixital e o público

25/06/2019

O Proxecto Youtubeir@s, organizado polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, A Coruña, O Grove, Moaña, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación de contidos na Rede na nosa lingua, celebra neste 2019 a súa terceira edición baixo o lema Conéctate á comunidade e multiplícate. Con esta máxima, o Proxecto Youtubeir@s busca...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Aberto do 25 de xuño ao 22 de xullo o prazo para solicitar o servizo de comedor e madrugadores do curso 2019/2020

24/06/2019

A Xunta de Goberno aprobou hoxe os prazos de solicitude de reserva de praza e matrícula nos servizos de comedor e madrugadores na rede de centros públicos de educación infantil e primaria do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2019-2020. O trámite poderase realizar do 25 de xuño ao 22 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello de Santiago apoia a investigación relacionada coa artrite que está realizando o IDIS

24/06/2019

O Concello de Santiago de Compostela apoia a investigación relacionada coa artrite que está realizando o Grupo de Patoloxía Músculo-Esquelética do Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago, o IDIS. Así llo transmitiu a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, ao xefe deste grupo, Rodolfo Gómez Bahamonde, e á presidenta da Liga Reumatolóxica Galega, que integra a pacientes e familiares de afectados, Ana Vázquez.

Leer más

EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música dedica o seu festival de fin de curso á canción galega

21/06/2019

A Escola Municipal de Música celebrará seu festival de fin de curso 2018-2019 hoxe venres, ás 19:00 horas, no Auditorio de Galicia, baixo o título "50 anos da canción galega". Este festival enmárcase na liña de traballo iniciada o ano pasado con "A muller galega na música", na que a Escola érguese como centro vertebrador da recuperación e posta en valor do inmenso patrimonio musical feito en Galicia.

Leer más

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Máis de 300 cacharelas e sardiñadas animarán o San Xoán en Compostela

21/06/2019

O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, deu conta do operativo para atender as diferentes cacharelas e sardiñadas que se celebrarán na noite de San Xoán. En total, durante a fin de semana celebraranse 57 cacharelas e sardiñadas públicas e 252 privadas.

Leer más

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Entran en vigor os horarios de verán do servizo de transporte urbano

21/06/2019

Este luns 24 de xuño entrarán en vigor os horarios de verán do servizo de transporte urbano, tal e como comunicou este venres o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado do xerente de TUSSA, José Ramón Mosquera.

Leer más
Compartir: