PROXECTOS EUROPEOS

O Concello substituíu 2.558 puntos de luz graza ao programa de axudas do IDAE

17/01/2020

O Programa de Axudas para Actuacións de Reforma de Instalacións de Iluminación Exterior Municipal, posto en marcha polo Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), permitiu ao Concello de Santiago a reforma de 2.558 puntos de luz. O Goberno local beneficiouse da concesión dun préstamo reembolsable por importe de 1.465.164,18 € co que executou as catro fases destas actuacións de renovación de iluminación. Este programa está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro...

Leer más

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

O Departamento de Educación Viaria da Policía Local leva a campaña "Ti controlas, ti decides" ás aulas de Bacharelato

16/01/2020

"Ti controlas, ti decides" é o lema da campaña que o Departamento de Educación Viaria da Policía Local está levando ás aulas 1º de Bacharelato dos institutos da cidade durante este mes de xaneiro. A actividade está deseñada especificamente para estes mozos e mozas, próximos/as á idade de obtención do carné de conducir, proporcionándolles información de primeira man sobre as causas polas que se producen os accidentes de tráfico, os factores que interveñen e as...

Leer más

ALCALDÍA

O Concello e o Colexio de Médicos da Coruña colaborarán para converter o casco histórico nunha "zona cardioprotexida"

16/01/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu o presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, Luciano Vidán, e o seu vicepresidente primeiro, Francisco Javier de Toro. No encontro falaron de dúas posibles colaboracións, unha para converter o casco histórico de Santiago nunha "zona cardioprotexida" e outra para impulsar un plan para mellorar a información da mocidade en torno ás enfermidades de transmisión sexual.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS E EDUCACIÓN

Inaugurado o piso cedido polo Concello para o programa CaixaProinfancia, da Asociación Arela

14/01/2020

As concelleiras de Políticas Sociais, Mila Castro, e de Educación, Noa Díaz, asistiron hoxe á inauguración do local no que se desenvolverá o proxecto CaixaProinfancia, da Asociación Arela. Trátase dun piso, situado no barrio das Fontiñas, cedido polo Concello de Santiago despois da solicitude realizada pola entidade, ao non contar cun espazo físico para desenvolver o programa.

Leer más
Compartir: