EDUCACIÓN
Publícanse as listas definitivas das escolas infantís municipais para o vindeiro curso
O Concello de Santiago acaba de publicar a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as así como a lista de agarda para as escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío. As familias con nenos e nenas que teñan adxudicada unha praza para este curso escolar 2024-2025 deberán formalizar a matrícula entre o día 11 e o 18 de xuño.
DEPORTES
Máis de 600 deportistas participarán esta fin de semana nos campionatos de España de loitas olímpicas e de praia
Santiago acolle este sábado 8 e domingo 9 de xuño tres campionatos absolutos de España de loita nas modalidades olímpicas de loita libre feminina, loita libre masculina e loita grecorromana. Tamén se celebrarán os campionatos de España de Praia nas categorías absoluta e U17 de loita e sambo. Os torneos, que se desenvolverán no pavillón municipal de Santa Isabel, foron presentados esta mañá en rolda de prensa pola concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada de Pablo Pintos Figueiroa, director...
CAPITAL CULTURAL
A SELIC reafirma os seus vencellos con Compostela e aposta polo cómic galego
A SELIC arrinca este venres 7 de xuño cunha extensa programación de máis de 60 actividades, que alén de nomes internacionais como John Banville ou Adanía Shibli, destaca pola diversidade da súa oferta, tanto nos xéneros como nos formatos. Poesía, narrativa, relato curto, contacontos, obradoiros, paseos, dramatizacións ou xogos de rol son algunhas das opcións que encherán a Quintana durante 10 días, até o domingo 16 de xuño. O Festival da Lectura tamén ofrece 12 paseos para descubrir a...
URBANISMO
O Goberno municipal levará a pleno a ordenanza que regula o procedemento de comunicación de usos de hospedaxe asimilados ao de vivenda
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, acaban de facer público o contido da ordenanza complementaria sobre usos turísticos que o goberno municipal levará a Pleno nas vindeiras semanas para a súa aprobación.
UMAD
Reactívase o Consello Municipal de Saúde cunha sesión centrada no Plan Municipal de Saúde
A xuntanza do Consello Municipal de Saúde tivo lugar esta tarde e estivo presidida pola concelleira delegada da UMAD, Pilar Lueiro, en calidade de vicepresidenta. Durante a sesión, na que tomaron posesión os novos membros, abordouse a posta en marcha do I Plan Municipal de Saúde centrado nas actividades físico-deportiva en infancia e maiores, nos trastornos aditivos e na saúde mental co obxectivo de mellorar a vida da veciñanza de Santiago.