DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
O Encontro Artes pola Integración regresa a Santiago na súa XIII edición
Santiago e A Coruña comparten este ano a programación do XIII Encontro Artes pola Integración, que regresa á capital galega despois de varias edicións tendo á cidade herculina como única sede. O festival, que se desenvolverá entre o 19 de xuño e o 6 de xullo, utiliza as artes escénicas como vehículo de integración e vertebración social e como ferramenta para visibilizar proxectos e persoas con diferentes capacidades, moitas veces excluídas socialmente. O programa conta co apoio da...
CAPITAL CULTURAL
O XII Festival Atlántica fai de Galicia o epicentro da narracións oral do 1 ao 7 de xullo
A primeira semana de xullo Atlántica vaise desenvolver en 25 concellos de toda Galicia e consolídase en Portugal con 5 sedes. Máis de 90 funcións de 45 propostas escénicas diferentes desenvolvidas por 50 artistas procedentes de Brasil, Xapón, Portugal, Italia, Cuba, Salamanca, Zamora e Galicia. Descentralizado, transfronteirizo, multiformato e integrador: Atlántica 2024 renova o seu compromiso co territorio e a súa xente.
COMERCIO
Mañá arranca a nova edición de Prima, a "festa do comercio local" para dinamizar a actividade comercial nos diferentes barrios da cidade
Música, pasarrúas, animación infantil e moitos agasallos conforman a programación de "Prima 24", a festa do comercio local que se desenvolverá ao longo do venres 14 e do sábado 15 de xuño en diferentes barrios da cidade. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira Promoción Económica, María Rozas, farán este venres un percorrido para coñecer de primeira man as propostas comerciais e lúdicas que ofrece esta cita consolidada da cidade, nun paseo que arrancará da...
EDUCACIÓN
Míriam Louzao reactiva o Consello municipal de Educación e preside a constitución 13 anos despois da última xuntanza
A concelleira de Educación, Míriam Louzao, presidiu este xoves a constitución do Consello municipal de Educación, 13 anos despois da última xuntanza deste órgano que agora a titular da carteira educativa do goberno que lidera Goretti Sanmartín reactiva. A constitución do consello municipal é froito dun "traballo intenso" desde o departamento de educación para dar pulo a unha ferramenta "fundamental para tratar colectivamente a situación educativa no noso concello".