CAPITAL CULTURAL
Últimos días para visitar a mostra #Punctum. Beliscos de BD na arte contemporánea galega
A exposición con traballos de artistas da BD e o fanzine galego como Maru Astray, Julia Lago, Bea Lema, Uxía Larrosa, Xulia Pisón e Pepa Prieto Puy conclúe este domingo, día 16 de xuño. Situada na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia, pode ser visitada de balde todos os días da semana, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.
CONVIVENCIA
Aberto ata o 20 de xuño o prazo de solicitude dos permisos para a celebración das cacharelas e sardiñadas da noite de San Xoán
Todas as persoas que queiran organizar cacharelas e/ou sardiñadas pola noite de San Xoán, tanto en terreos de propiedade privada como pública, poderán solicitar os permisos correspondentes ata as 23:59 horas do vindeiro 20 de xuño.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais "viven o verán" con máis de 25 actividades distintas que chegarán a máis de 3.000 persoas
A Rede de Centros Socioculturais prepárase para uns meses moi intensos, con ducias de actividades no programa "Vive o verán". Música en directo, exposicións, actividades deportivas ou roteiros, fan parte dunha proposta na que se prevé a participación de máis de 3.000 persoas, "pensada para chegar a públicos moi diversos, e que ten como obxectivo que os veciños e veciñas desfruten do verán redescubrindo o seu municipio, con actividades de lecer, educativas, e que fomentan as relacións sociais e o...
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia presenta a nova temporada cun concerto sorpresa aberto á cidadanía
Baldur Brönimann dirixirá á orquestra nun concerto que achegará as chaves da temporada 2024-2025.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A biblioteca municipal José Saramago celebra o seu XXV aniversario afondando na obra do Nobel portugués
O CSC José Saramago de Vite acollerá este mércores 12 e xoves 13 de xuño, varias actividades arredor do escritor portugués José Saramago para conmemorar os 25 anos de vida da rede municipal de bibliotecas que leva o seu nome. O concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, e varios membros da Corporación municipal, asistirán mañá pola tarde á inauguración da exposición "Voltar aos passos que foram dados". O programa tamén ofrecerá un relatorio e unha proxección dun...
DEPORTES
O Goberno municipal aborda a reforma integral do Vero Boquete para converter Santiago "na capital do deporte"
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá en rolda de prensa un proxecto de reforma integral para o Estadio Municipal Verónica Boquete, ubicado no compostelán barrio de San Lázaro. Trátase dun plan cuxo investimento acadaría os 9,3 millóns de euros, un proxecto "ambicioso" a medio e longo prazo que este Goberno quere abordar para converter Compostela "na capital do deporte".